spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaDesempregados da Guarda participan nun Obradoiro de Atención sanitaria a persoas dependentes...

Desempregados da Guarda participan nun Obradoiro de Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio

Desempregados Guarda participan nun Obradoiro de Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilioHoxe pola mañá arrancaba na Guarda o obradoiro de emprego “Manuel B. Portela VI” de “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”, un programa mixto de emprego e formación no que 20 participantes acadarán un certificado de profesionalidade.

No acto de inauguración contouse coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Formación e Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez; a Concelleira de Facenda e Persoal, Montserrat Magallanes; o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a Técnica de Emprego do Concello, Mª Elena Rodríguez, así coma representantes da corporación municipal, equipo directivo, docente e alumnos do obradoiro.

A finalidade do obradoiro e mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas posibilitando ao alumnado a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, busque a súa cualificación profesional e inserción laboral nun sector, o asistencial, con unha importante demanda.

A duración do obradoiro será de 9 meses e os participantes terán un contrato de formación durante a duración do obradoiro.

Este obradoiro forma parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral.

Tal e como manifestou o Alcalde da Guarda, este é o primeiro obradoiro que se realiza na vila dende o ano 2008, motivo de satisfacción para o Concello, posto que permitirá formar a persoas da Guarda nun sector cunha alta demanda na actualidade, promovendo o emprego e a calidade da atención ás persoas dependentes, o que repercutirá na calidade de vida dos nosos veciños.

A Concelleira de Formación e Desenvolvemento Local quixo agradecer á Xunta de Galicia que aprobase a realización deste obradoiro na vila, unha vella demanda, que permitirá ter na Guarda novamente unha formación de calidade cun alto índice de inserción laboral, convidando ao alumnado participante a aproveitar os coñecementos que van a adquirir neste obradoiro para mellorar a nivel persoal e laboral.

- Publicidade -spot_img