O Powechair, máis coñecido como fútbol cadeira, é un deporte que se practica e está regulado en 27 países, España até agora non estivo nese grupo.
Utilízanse parachoques de ferro axustados ás cadeiras que fan as funcións de pés para patear o balón, que ten o triplo de diámetro que un balón de futbol convencional, e a velocidade máxima á que se pode levar a cadeira son 10Km/hora.
Son moitos os problemas que frearon a implantación do fútbol-cadeira en España, desde a falta de financiamento até o escaso apoio da RFEF, pasando pola necesidade dun investimento moi alto. As cadeiras para competir, por exemplo, adoitan custar máis de 10.000 euros.
Foi Vicent Maciá, natural de Alacante, quen loitou por implantar este deporte no noso país por mor de ver o vídeo duns nenos golpeando un balón montados en cadeiras eléctricas. A partir de aí Maciá métese de cheo no proxecto de implantar o fútbol cadeira en España, organizando exhibicións, buscando patrocinadores e promocionando o deporte por toda a Comunidade Valenciana e agora tamén en Andalucía.
De momento hai creados dous clubs en Alacante: Club Furia, -da man de Vicent- e CDDAA Orioles, en Orihuela. O primeiro xa conta con catro mozos, dúas mozas e unha notable traxectoria desde que comezase a súa andaina en setembro de 2014.
Tan só queda unha serie de permisos para tramitar a fundación da Federación de Powerchair en España. É posible que para 2016 xa exista a primeira Liga de Powerchair en España, e un ano despois, un combinado nacional que podería competir na próxima Eurocopa. En España non haberá límite de discapacidade para poder practicar este deporte.



