spot_img
InicioVal MiñorBaionaA aplicación turística de Baiona xa está dispoñible en inglés

A aplicación turística de Baiona xa está dispoñible en inglés

aplicación-turística-Baiona-xa-está-dispoñible-inglésA aplicación levouse a cabo dentro do proxecto denominado Oficinas Virtuais de Turismo (OVT), un dos proxectos que se puxeron en marcha nos municipios que pertencen á Asociación Vilas Mariñeiras, formada por poboacións de Galicia, Asturias e Cantabria con características parecidas ao noso municipio.aplicación-turística-Baiona-xa-está-dispoñible-inglés

 

 

 

 

Desde o 30 de xullo 2015 a aplicación turística de Baiona está tamén dispoñible na versión en inglés

A app, dispoñible para dispositivos Android e IOS, está destinada a facilitar á visitante información sobre os recursos e servizos turísticos mediante as novas tecnoloxías de geolocalización.

Os recursos turísticos dispoñen ademais dunha locución da información, co cal a persoa que está a utilizar a aplicación pode usala tamén coma se fose unha audioguía.

Ademais está dispoñible a información de diversos servizos de aplicación-turística-Baiona-xa-está-dispoñible-inglésaloxamento, restauración, comercio, lecer, teléfonos de interese, eventos, etc.

A posta en marcha deste sistema supón, segundo sinala a responsable do departamento de Turismo, María Iglesias, contar cunha nova ferramenta tecnolóxica de gran utilidade para o sector turístico que complementa o servizo de información presencial que se ofrece ao turista que visita a Vila durante todo o ano.

Este ano levouse a cabo outra fase de implantación da aplicación que supuxo a inclusión dun apartado de noticias e a creación dun xestor de contidos para cada municipio, que posibilita a actualización e inclusión de nova información nun breve espazo de tempo.

Para iso, as empresas que así o desexen poden remitir a súa información ao Departamento de Turismo a través do seguinte correo electrónico: cat@baiona.org

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.