Inicio Alto Minho Nace a Ruta das Fortificações Abaluartadas da Raia

Nace a Ruta das Fortificações Abaluartadas da Raia

A Secretaria de Estado do Turismo de Potugal , Ana Mendes Godinho, presidiu á sinatura do contrato de financiamento para a creación da Ruta Temática “Ruta das Fortificações Abaluartadas da Raia”.

300 mil euros é o investimento, financiado polo programa Valorizar – liña de apoio á valorización turística do interior, do Turismo de Portugal.


4 Centros de Interpretación

Esta nova ruta de turismo do patrimonio implicará a creación de catro centros de interpretación en cada un dos municipios envolvidos. En Valença será recuperado o Paiol do Açougue para acoller o futuro Centro de Interpretación das Fortificações Abaluartadas da Raia .

Experimentación do Patrimonio Abaluartado

Este programa implicará a creación dunha Ruta temática que agrupa os distintos polos do proxecto. Un conxunto de ferramentas de experimentación turística, branding asociado contemplando, tamén, o desdobramento da marca en varios soportes comunicacionais (sitio web, folleto, vídeo, merchandising) e ferramenta de monitorización do proxecto completan o investimento.

a-eurocidade-tui-valenca-se-promociona-na-principal-feria-de-turismo-de-lisboa-btl

“Fortalezas Abaluartadas” Produto Turístico

A Ruta das Fortificações Abaluartadas da Raia pretende ser un produto turístico patrimonial de interpretación e valorización dun legado histórico único, da raia portuguesa. As Fortalezas modernas da raia de Portugal-España son a expresión do completo dominio da arte da fortificação abaluartada.

Fortalezas a Patrimonio Mundial da UNESCO

Valença, Almeida, Marvão e Elvas dan corpo á candidatura Ruta das Fortificações Abaluartadas da Raia a patrimonio Mundial, xunto da UNESCO. A creación desta ruta vai permitir unha mellor interpretación, valorización e proxección deste legado patrimonial. O acto decorreu, na Pousada de San Teotónio, na Fortaleza de Valença e contou, aínda, coa presenza dos alcaldes Municipal de Valença, Almeida, Marvão e Elvas, entre outras entidades.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies