Un grupo de usuarios constitúe a “Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela” cuxo obxectivo é o apoio e promoción do labor das devanditas bibliotecas e as súas actividades, así como achegar a cultura e a lectura á cidadanía. Esta agrupación desexa chegar a todas aquelas persoas anónimas e institucións que aman a lectura e as bibliotecas.
Presidida por Mercedes Méndez, a creación desta iniciativa sen ánimo de lucro remóntase a hai uns meses, cando un conxunto de usuarios que acudía de forma habitual aos clubs de lectura das bibliotecas, entendían que era necesario unha asociación deste tipo para dar a coñecer e impulsar o seu labor así como apoiar o desenvolvemento das actividades culturais das mesmas incentivando novas iniciativas.
“Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela” constituíuse como asociación con seis membros na súa xunta directiva, da que forman parte, xunto a Mercedes Méndez, Mª Dolores Daviña -vicepresidenta-, Marta Rodríguez-secretaria- e David Faro, tesoureiro.
En breve, informarán sobre o modo de asociarse así como das primeiras actividades que levarán a cabo.
Contacto: amigosbibliotecasredondela@gmail.com



