spot_img
InicioO MorrazoMoañaMusigal chega este venres a Moaña co concerto do dúo Caamaño &...

Musigal chega este venres a Moaña co concerto do dúo Caamaño & Ameixeiras

Musigal chega este venres a Moaña co concerto do dúo Caamaño & Ameixeiras A actuación terá lugar ás 22:00 horas no escenario do Paseo Marítimo da vila no marco do Festival Intercéltico do Morrazo

Revista COUSAS DE Nº18

O dúo Caamaño & Ameixeiras ofrecerá este venres 28 de xullo un concerto en Moaña ao abeiro do programa provincial Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia. A actuación comezará a partir das 22:00 horas , e celebrarase no marco do Festival Intercéltico do Morrazo, no escenario do Paseo Marítimo da vila, que acada neste 2023 a súa 39 edición.

Caamaño & Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile tradicional, formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) que acumula desde a súa creación no 2018 unha intensa traxectoria, cun gran número de concertos, tanto na xeografía galega como nacional e internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal, Caamaño & Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, para crear despois a súa propia linguaxe con composicións e arranxos persoais que incorporan recursos contemporáneos.

No seu primeiro traballo discográfico, Aire!, contaron con diversas colaboracións, entre elas a de Silvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín ou El Pana. Este traballo foi recoñecido co Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría de Folk, así como co primeiro premio no Folkez Blai 2021, celebrado en Ermua (País Vasco), ou o Premio Opinión de Música de Raíz ao disco do ano.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.