Conmemórase neste ano 2024 o 150 aniversario do nacemento do arquitecto e humanista galego Antonio Palacios o 8 de xaneiro de 1874 no Porriño e, finado en Madrid o 27 de outubro de 1945.
Por tal motivo, coincidindo co 79 aniversario do seu pasamento, a ASOCIACIÓN CORO DE VOCES GRAVES DE VIGO queren facer chegar o seu especial tributo a este xenial arquitecto tan vinculado a Vigo adicándolle, dentro do ciclo MÚSICA “IN SITU” un pequeno recital de obras de compositores galegos e españois afins a él e ao seu tempo.
O recital terá lugar ás 12:00 hrs. do 27 de outubro de 2024 nos Mosteiro da Visitación das Salesas Reais de Vigo (Rúa Coutadas,14 na Calzada-Teis, 36207 Vigo)
O concerto irá precedido por unha charla-introdutoria a cargo da prestixiosa historiadora da arte Ana Pereira Molares, que baixo o título “Unha aproximación á linguaxe arquitectónica de Palacios” achegará a obra e vida do arquitecto nunha das súas derradeiras e inacabadas obras, o Mosterio da Visitación das Salesas Reais en Vigo (1942-1945), proxecto que realizou gratuitamente para a esta Comunidade relixiosa.
Cabe destacar que, pola sus traxectoria e traballos foi nomeado fillo predilecto da cidade olívica, así como arquitecto honorario de Vigo.
A parte musical correrá a cargo do ENSEMBLE VOCAL ÁNGEL BARJA e o CORO DE VOCES GRAVES DE VIGO
Ana Pereira Molares é doutora en Historia da Arte, e ao longo da súa carreira profesional compaxinou a docencia cun intenso labor investigador, centrado fundamentalmente na arquitectura galega da Idade Moderna, que tivo o seu froito en numerosas publicacións.
Nos últimos anos, esta liña de investigación deu paso a reflexións noutros ámbitos das artes, como a presenza das mulleres na creación artística ao longo da historia. Un claro exemplo é o seu estudo sobre ‘Pintoras viguesas do século XX’, que constituíu o seu discurso de ingreso no Instituto de Estudios Vigueses, como a primeira muller que foi nomeada membro da devandita institución.
A estes traballos de carácter docente e editorial únese a súa actividade como conferenciante, colaboradora de prensa, comisaria de exposicións, etc.




