spot_img
InicioGaliciaMuralla romana de Lugo: A porta de Santiago

Muralla romana de Lugo: A porta de Santiago

muralla-romana-de-lugo-a-porta-de-santiagoA muralla romana que rodea a cidade de Lugo é a única do mundo que se conserva enteira. Por iso e pola súa misteriosa beleza é Patrimonio da Humanidade.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

A lenda di que os romanos construíron a muralla para protexer non unha cidade senón un bosque, o “Bosque Sacro de Augusto”, en latín “Lucus Augusti”, de aí o nome de Lugo. Hoxe o bosque é un misterio, pero a muralla segue en pé desafiando ao tempo e falando a quen saiba escoitala.

muralla-romana-de-lugo-a-porta-de-santiago

Construída hai máis de 17 séculos seguindo as directrices das elegantes obras de Vitruvio, a Muralla de Lugo mide máis de 2 km e ten 10 portas. Camiñar polo alto da muralla que nalgúns tramos alcanza os 7 m de ancho, e deterse nalgunhas das súas 71 torres que se conservan (das 85 orixinais) é sentir de cerca o poder da Roma Imperial. E tamén, gozar das mellores vistas.

A PORTA DE SANTIAGO

A porta de Santiago xa existía en época romana, e está totalmente modificada. Coñécese desde o século XII como porta do PosticuPorticu e Postigo. Todos estes nomes están relacionados coa existencia dunha portela encadrada dentro dunha porta máis grande. Mide 4,5 metros de ancho, o alto ata a clave é de 5,50 metros e ata o adarve, de 6,90 metros.

muralla-romana-de-lugo-a-porta-de-santiago
Porta de Santiago

Foi unha porta privada, xa que pertenceu á Igrexa e foi empregada ata 1589 polos cóengos e os seus serventes co fin de acceder ás hortas. Esta porta era a única que permanecía aberta en tempos de peste.

muralla-romana-de-lugo-a-porta-de-santiago

Ensanchada en 1759 polo Bispo Izquierdo y Tavira para facilitar a entrada de carruaxes, está formada por arcos e paramentos de perpiaños de granito. Os cubos que a flanquean teñen asentos de pedra na súa parte interior, no adarve, para descanso dos paseantes.

Durante esta reforma é decorada polo interior, ao ser considerada como unha porta de saída. Ten un fornelo no que se colocou unha imaxe de Santiago Matamouros, e na parte inferior o escudo de armas do Bispo Izquierdo.

muralla-romana-de-lugo-a-porta-de-santiago

Cando se accede ao recinto histórico por esta porta, o viaxeiro atópase coa maxestosa Catedral de Santa María. Tras a súa visita, poderá comezar o paseo polo adarve da Muralla a través da rampla que sobe a ela, único acceso apto para persoas con mobilidade reducida.

@Fonte:TurismodeGalicia @cousasde

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.