spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda"Mulleres en acción. Violencia Zero" chega a A Guarda cunha acción pictórica...

“Mulleres en acción. Violencia Zero” chega a A Guarda cunha acción pictórica da artista Ana Arregui

Máis de 200 estudantes de 5º de primaria a 4º da ESO asistiron e participaron nesta iniciativa da Deputación de Pontevedra coa que pretende convidar á sociedade a reflexionar sobre as agresións machistas e fomentar unha actitude crítica fronte a esta lacra social.

A deputada provincial, Montse Magallanes, acompañada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, asistiu esta mañá á acción pictórica ofrecida pola artista Ana Arregui, na Praza do Reló da vila, dentro do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, impulsado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra para dar visibilidade á loita contra a lacra machista, así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.  No acto participaron tamén preto de 200 estudantes dos centros escolares do concello, dende 5º de primaria ata 4º ESO.

Baixo o título ”O sexo forte” a artista Ana Arregui, quen avoga pola non diferenciación de xéneros, “non existen os xéneros, non hai dous xéneros”, ofreceu unha acción que deu comezo coa lectura dun texto a través do que Arregui reflexionou, xunto co alumnado reunido na Praza do Reló, sobre os roles asociados tradicionalmente a homes e mulleres. A continuación, a artista realizou tres murais de máis de dous metros de altura, nos que se reflectían todos eses conceptos que, con axuda de disolventes, Arregui pasou a eliminar.

Ana Arregui naceu en 1983 en Osuna (Sevilla), aínda que actualmente reside en Madrid. É licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV), cun Máster en Produción Artística, especialidade Arte e Tecnoloxía, cursado tamén na UPV. É unha artista multidisciplinar e investigadora. Entre os seus últimos proxectos expositivos destacan No autorretrato (The Trial Project, We Are Fair, Madrid, 2016) e Arqueolejías. Identidades líquidas (Se Alquila/Público, Madrid, 2015). En 2014 participou no programa da feira Cuarto Público en Santiago de Compostela e foi unha das artistas seleccionadas en EstudioAberto#3, Residencias Artísticas (Rede Museística da Deputación de Lugo).

O programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” reúne o traballo de 25 artistas, especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, e referentes todas elas nas súas áreas, vinculadas entre elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero.

Esta edición do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, que deu comezo de novembro do ano pasado en conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, ten previsto recalar ó longo do ano en 25 concellos de toda a provincia (Vigo, Pontevedra, Marín, Tomiño, Cambados, Ponteareas, Nigrán, Vila de Cruces, O Porriño, Cuntis, Bueu, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Poio, O Grove, A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Cangas, A Estrada, Silleda, Salceda de Caselas, Meaño e Tui).

As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e de reflexión, para promover una sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Estas accións foron organizadas en colaboración conxunta cos concellos participantes e co apoio de asociacións de loita pola igualdade de xénero.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.