spot_img
InicioVigo e áreaMosMos e Deputación asinan o convenio para a reforma integral da Biblioteca...

Mos e Deputación asinan o convenio para a reforma integral da Biblioteca Municipal

Mos e Deputación asinan o convenio para a reforma integral da Biblioteca Municipal O edificio levará o nome de María Magdalena e a contratación da obra iniciarase nas vindeiras semanas

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinaba onte en Pontevedra, xunto coa presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, o convenio de colaboración entre as administración local e provincial para a acometida da reforma integral da Biblioteca Municipal que levará o nome de María Magdalena.

A Biblioteca levará o nome da poeta María Magdalena

Terminadas as obras a Biblioteca Municipal será bautizada co nome da Poeta María Magdalena, emblema das letras mosenses, falecida o pasado agosto. Arévalo destacou que foi a gran poeta da Louriña, Medalla ao Mérito do Concello de Mos, cunha longa traxectoria persoal e literaria que se prolongou durante case un século. Toda unha vida de entrega, traballo e creación artística. Naceu en Mos e desde moi novo foi moi afeccionada á lectura, especialmente de poesía e sempre tivo unha gran inquietude por aprender. Aprendeu a ler e escribir grazas á súa nai, ata que empezou a ir á escola. Empezou a escribir poesía e, durante anos, ninguén da súa contorna o sabía. Muller exemplar que foi unha pioneira da literatura, da reivindicación do papel da muller no rural, tanto no ámbito doméstico como profesional, intelectual, cultural e artístico. A poeta de Mos, da miña mesma parroquia, foi unha traballadora e loitadora incansable. Exemplo para min e para tantas mulleres do municipio e da comarca, referente e estela a seguir. O camiño por ela percorrido abriunos portas ás mulleres de xeracións posteriores”.

Arévalo tamén salientou que “desde o Concello de Mos tamén estamos moi orgullosos de que o proxecto da mellora da Biblioteca e Xulgado de Paz de Mos, sexa autoría doutra muller mosense de gran talento, da arquitecta local Estefanía Grandal, xunto con Ludmila Castro, que a acompaña neste proxecto. Grandal é unha arquitecta en pleno despunte profesional, por ter recibido dous premios autonómicos pola Escola Infantil a Galiña Azul da Veigadaña (premio COAG 2019 e Premio de Arquitectura de Galicia 2020) e por atoparse tamén inmersa noutro proxecto de reforma integral xusto ao carón do da Biblioteca: o da Escola Infantil da Porteliña”.

Detalles do proxecto

A actuación que pretende conseguir un edificio caracterizado polo uso de materiais espidos, destacando a expresión natural dos mesmos. A da Porteliña trátase dunha edificación de planta baixa e planta primeira cunha superficie construída total de 317,81
m2, con forma rectangular e materializada con cuberta a catro augas e fachada de pedra rosa Porriño con canto de forxado vistos.

Mos e Deputación asinan o convenio para a reforma integral da Biblioteca Municipal
Foto Google

Para a mellora integral programada pártese do cerramento de pedra existente e dos elementos estruturais en formigón visto. Con iso de base, introdúcense os metais en zinc e aluminio anodizando natural que apoian a rehabilitación para conseguir un resultado interior de maior confort: carpinterías exteriores e cuberta. O interior da biblioteca manterá a mesma esencia que o exterior. Neste caso, será a madeira, na súa expresión natural, a principal protagonista.

Con ela búscase achega a calidez necesaria neste tipo de uso. Xeráronse mobles a media altura que van moldeando un único espazo para conseguir ambientes máis reducidos e íntimos. Búscase non romper o contacto visual do espazo na súa totalidade; dispoñendo de espazos polivalentes e zonificados para xerar unha maior sensación de confort.

Ademáis propóñense unha serie de mellorías para garantir o confort térmico e visual: mellora do illamento térmico da envolvente do edificio, instalación de novos equipos de produción de calor ou frío, mellora das instalacións de iluminación, implantación de equipos de contabilización, e monitoraxe de datos. E agora, grazas a aportación económica da Xunta de Galicia, anúnciase que o proxecto de mellora incluirá a maiores o acondicionamento dun novo espazo de biblioteca para uso exclusivo infantil.

‘Biblioteca Municipal María Magdalena’, así se chamará o edificio sito na Porteliña, parroquia de Petelos, que alberga tamén o Xulgado de Paz de Mos, e que o Concello reformará mediante este proxecto de mellora integral. O procedemento de contratación da obra iniciarase nas vindeiras semanas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.