·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaMosMos acolle o Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e...

Mos acolle o Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021

Mos acolle o Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021Esta mañá tivo lugar no Concello de Mos a presentación do Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021 organizado polo Club de Patinaxe Artístico Rosaleira de Mos (coa colaboración do Club Patín Vagalume Celtamotor) que se celebrará o vindeiro sábado, 17 de abril, ao longo de todo o día no Pavillón Óscar Pereiro.

Asistiron a esta presentación o coordinador de deporte escolar do Servizo Provincial de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Manuel Freire, o presidente da Federación Galega de Patinaxe (Comité de Artístico), Alberto Covelo; Rosa María Davila, presidenta do CPA Rosaleira de Mos, Beatriz Fernández Bahamonde, adestradora do CPA Rosaleira de Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e José Areal, concelleiro de Deportes.

O Campionato realizarase a porta pechada, sen público, e será retransmitido en directo vía streaming. Será unha competición totalmente adaptada e escrupulosa co cumprimento dos actuáis protocolos e medidas de prevención e loita contra a COVID-19.

No turno de declaracións Covelo agradeceu ao Concello “en nombre da Federación por ceder as instalacións, nun momento difícil en que non todos os concellos son receptivos a facer eventos. Como Federación é moi importante que o deporte siga adiante e poder renovar as competicións para que os rapaces teñan un aliciente e un obxectivo, non só o adestrar, tamén o competir.” Tamén explicou que “a competición que se vai celebrar é a competición do Campionato Galego das modalidades de Solo Danza, Parellas Artístico e Parellas Solo danza, vaise celebrar a porta pechada debido as restricións pola Covid-19 e será retransmitida por streaming, polo Youtube da Federación.”

Ademais do CPA Rosaleira competirán o sábado en Mos o Club Alquimia, o Club Fervello, o Club Balaídos, o Club Patín Vagalume Celtamotor e o Club Ribeira. Todos eles participarán con todas as súas categorías por idades.

Desde o Concello de Mos a rexedora local mosense agradeceulle “á Xunta de Galicia, Deporte Galego e Federación Galega de Patinaxe, a posibilidade brindada de acoller no municipio este Campionato Galego e ao Club Rosaleira polo gran labor como organizador e anfitrión” e aproveitou para mandarlle “moito ánimo aos clubes, así como felicitalos, por soportar estoicamente este último período de inactividade obrigado pola crise sanitaria”, esperando por outra banda, “que este sexa o primeiro de moitos campionatos e competicións e que as circunstancias comecen por fin a mellorar para poder empezar a recuperar pouco a pouco a actividade deportiva normal do Concello de Mos”, declarou Arévalo.

Mos acolle o Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies