Inicio O Morrazo Moaña Moaña acollerá en 2021 o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Moaña acollerá en 2021 o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Moaña acollerá en 2021 o XV Econtro de Embarcacións Tradicionais de GaliciaA decimo quinta edición do Encontro terá lugar o ano próximo en Moaña, vila mariñeira enclavada na península do Morrazo e na Ría de Vigo

A asociación moañesa Sueste presentou este proxecto que conta co apoio unánime do Concello, así como de multitude de entidades e colectivos de ámbito local representativas do tecido social da vila.

O Encontro desenvolverase entre o 5 e o 8 de agosto de 2021, aínda que nos meses previos se sucederán as actividades complementarias que prepararán á vila para a máis importante cita da cultura marítima e fluvial do noso país.

Durante catro días as rúas e prazas de Moaña encheranse de exposicións, obradoiros, palestras, actividades infantís, música, arte e moitas outras de expresións da nosa ancestral relación co mar e os ríos. Non obstante, o elemento principal serán, como acontece cada dous anos neste evento itinerante, as ducias de embarcacións tradicionais chegadas de cada recuncho da costa galega e de outros mares e rios do mundo. Tripulantes, colaboradores, voluntarios, veciñanza e visitantes poñeremos proa ao Morrazo para inundar Moaña de cultura mariñeira.

O vindeiro sábado 8 de agosto, dentro das actividades dos Días de Mar que celebra a vila de Moaña, terá lugar unha presentación oficial da sede do Encontro. O acto comezará ás 12:00 no salón de plenos do Concello.

Nos próximos meses iremos informando puntualmente dos avances na programación de actividades, permanecede á escoita!

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies