spot_img
InicioVal MiñorGondomarMiriam Pérez sitúa ao Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar no panorama...

Miriam Pérez sitúa ao Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar no panorama internacional

Miriam Pérez sitúa ao Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar no panorama internacionalO pasado 1 de novembro o Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar alcanzou o quinto posto na Copa de Europa celebrada en Luso, Portugal, coa patinadora Miriam Pérez no seu debut dentro da categoría xuvenil.

Miriam, de 16 anos de idade e unha das 3 representantes españolas no campionato europeo, enfrontábase en Portugal ás italianas, escola referente mundial, polo que a posición alcanzada é dobremente celebrada por un club que tan só ten 10 meses de vida.

O CPA Gondomar creouse en xaneiro do presente ano grazas a David Figueroa, adestrador de recoñecido prestixio internacional e instrutor nas escolas deportivas de Gondomar, quen considerou o gran número de nenos na localidade e a inexistencia dun club de patinaxe artística como factores determinantes para a creación dunha formación nova. A maior dispoñibilidade de horas de adestramento ofrecidas polo Concello no colexio de Doas foi clave para o crecemento do club.

Miriam Pérez iniciouse aos 8 anos no mundo da patinaxe da man de David Figueroa e, desde entón, traballou sempre con el cultivando numerosos éxitos como a medalla de ouro no Campionato de España 2010.

O CPA Gondomar conta xa con 45 deportistas, 11 deles en competición en todas as categorías dos campionatos nacionais (fóraMiriam Pérez sitúa ao Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar no panorama internacional da infantil) e no campionato internacional europeo recentemente disputado, cun novo reto este fin de semana no Campionato de España Alevín que se celebra en Ripollet e onde o alevín Xosé Cruz, con tan só 8 meses no Club, demostrará as súas competencias deportivas.

O Club asegura que o éxito alcanzado en tan pouco tempo débese á conxugación de tres factores fundamentais: os nenos e nenas integrantes pola súa tenacidade e constancia, o traballo, dedicación e paixón de David Figueroa e a filosofía de traballo serio e ben feito do club.

Tanto o club como o Concello de Gondomar celebran así o bo funcionamento desta nova formación deportiva augurando futuros éxitos e recoñecementos que axudan a valorar a calidade deportiva do Val Miñor e situar a Gondomar nos escenarios deportivos nacionais e internacionais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.