spot_img
InicioVal MiñorGondomarOs xogadores de AD Vincios de Tenis de Mesa clasifícanse para a...

Os xogadores de AD Vincios de Tenis de Mesa clasifícanse para a proba nacional

Os xogadores de AD Vincios de Tenis de Mesa clasifícanse para a proba nacionalA Agrupación Deportiva Vincios de Tenis de Mesa clasificouse o pasado fin de semana no Torneo Zonal de Lalín para o Estatal de Valladolid que terá lugar en febreiro de 2015. Ademais da clasificación para a proba nacional o club conseguiu en Lalín conquistar o pódium con tres subcampións, dous terceiros postos e un cuarto posto.

Os subcampións foron Anxo Igrexas en infantil, Martín Pintosen xuvenil e Samuel Pereiro na categoría absoluta. Andrés Torres e Natalia Fernández foron terceiros en infantil e Simón Casarío cuarto en alevín. Ademais Luísa Pintos foi sexta en alevín feminino e Luís Güell oitavo tamén en alevín. Todos eles están clasificados para a proba nacional.

Outros xogadores e xogadoras como Lucía Graña (9ª), Valentina Estévez (10ª), Rafa Otero (12º) ou David González deberán esperar as clasificacións de categorías para saber se o seu posto permítelles entrar no nacional.

Este próximo fin de semana retómanse as ligas e o AD Vincios-Bade ,de división de honra feminina, recibirá o sábado día 8 de novembro ás 18 horas no ximnasio do IES Terra de Turonio ao equipo catalán da Autoescola Tatchepol Ripollet, nun encontro moi importante de face ao obxectivo da permanencia na categoría de prata do tenis de mesa.

 

- Publicidade -spot_img