Inicio Val Miñor Gondomar Á mellora de camiños irá parte dos novos investimentos aprobados para Gondomar...

Á mellora de camiños irá parte dos novos investimentos aprobados para Gondomar pola Deputación de Pontevedra 

gondomar-estrea-a-sua-primeira-guia-de-informacion-turistica-en-fiturA Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou dous novos investimentos por valor de máis de 250 mil euros para Gondomar ao abeiro do “Plan Concellos 2017”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dous novos investimentos para a vila de Gondomar ao abeiro da liña 1 do “Plan Concellos 2017”. Cun importe total situado en 263.202,28 euros, o concello miñorano poderá desenvolver diversas actuacións en materia de seguridade viaria e reparación de camiños, cunha achega valorada en 134.419,05 euros e, ademais, a mellora de camiños en Igrexa e en San Martiño (Borreiros), por valor de 128.783,23 euros.

Con estas novas aprobacións, sinalou a Presidenta provincial, Carmela Silva, “ata o momento xa se aprobaron máis de 600.000 euros para Gondomar ao abeiro do Plan Concellos 2017”, un investimento total de 611.446,28 € que supón que “a porcentaxe total adxudicada ata hoxe se sitúa no 65%”.

Este ano, Gondomar recibe un total de máis de 940.000 euros no Plan Concellos, un 7% máis de recursos en comparación co ano pasado (4 puntos máis que a media provincial, cuxo incremento se sitúa no 3%).

Anteriormente, Gondomar xa recibira a cantidade de 97.478,30 € para levar a cabo a adquisición dun vehículo para a concellaría de Vías e Obras e dunha desbrozadora de brazo lateral, un proxecto de instalación dunha pasarela peonil na contorna do seu Mercado de Abastos e para a compra dun vehículo que empregará o persoal da Concellaría de Benestar Social.

Á marxe da liña 1, outros 39.765,09 € en liña 2 para distintos gastos correntes e actividades como unha aula de teatro, obradoiros de memoria, de informática de mantemento ou de informática para persoas maiores, un ciclo de cinema, o “Gondoverán” 2017, unha carreira a prol da corresponsabilidade, entre outras, e finalmente outros 211.00,61 € en liña 3 para a contratación de 21 persoas nos distintos servizos municipais desta vila.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies