A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas está a promover a certificación do Parque Nacional das Illas Atlánticas como Destino Turístico Starlight ao ser un espazo de calidade para a contemplación de ceos estrelados.
Os Destinos Starlight son lugares que gozan de excelentes calidades para a observación de estrelas e que, ao estar protexidos da contaminación luminosa, son aptos para actividades turísticas baseadas nese recurso natural
A Xunta, como continuación da liña de impulso ao citado certificado, remitiulles esta semana unha misiva aos concellos da área do parque nacional, Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira, para que asinen a súa adhesión ao compromiso Starlight.
A Xunta, na liña de impulso ao citado certificado, remitiulles esta semana unha misiva aos concellos da área do parque nacional, Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira, para que asinen a súa adhesión ao compromiso Starlight
Os destinos Starlight son lugares que gozan de excelentes calidades para a observación de estrelas e que, ao estar protexidos da contaminación luminosa, son especialmente aptos para desenvolver neles actividades turísticas baseadas nese recurso natural.
Esta certificación está amparada pola Fundación Starlight, entidade internacional cun sistema que acredita espazos cunha boa calidade de ceo e que representan un exemplo de protección e conservación
Esta certificación está amparada pola Fundación Starlight, unha entidade de ámbito internacional vinculada ao Instituto Astrofísico de Canarias, que creou un sistema mediante o cal se acreditan aqueles espazos que posúen unha boa calidade de ceo e que representan un exemplo de protección e conservación. Son escenarios que incorporan a observación do firmamento como parte do seu patrimonio natural, paisaxístico, cultural ou científico e fomentan á súa vez o turismo de observación das estrelas. Este sistema de certificación está apoiado pola UNESCO, a Organización Mundial do Turismo (UNWTO) e a Unión Astronómica Internacional (IAU).
Illas Atlánticas está a traballar na mellora da calidade do ceo, en colaboración con Meteogalicia e as universidades de Santiago e Vigo, así como na realización de actividades para divulgar a observación astronómica
Estas zonas non só deben acreditar a calidade dos seus ceos e os medios para garantir a súa protección, senón tamén as adecuadas infraestruturas e actividades relacionadas coa oferta turística (o aloxamento, os medios de observación dispoñibles ao servizo dos visitantes, a formación do persoal encargado da interpretación astronómica, etc.) e a súa integración na natureza nocturna.
Novas accións no parque
A Xunta, a través do parque nacional, está a traballar na mellora da calidade do ceo nocturno, recibindo colaboración e asesoramento por parte das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, así como de Meteogalicia.
Por outra parte, tamén se están a impulsar as actividades de turismo astronómico para facer chegar ao público en xeral os valores do ceo nocturno e a observación das estrelas. O Parque contempla esta iniciativa dentro do marco da Carta Europea de Turismo Sustentable, un proxecto para mellorar a calidade da oferta turística no Parque facéndoa compatible coa conservación dos seus valores naturais.
Desde o Parque está a traballarse coas empresas que colaboran na Carta para desenvolver produtos turísticos baseados na contemplación do ceo nocturno e as estrelas. Para iso leváronse a cabo charlas divulgativas e actividades de fotografía de ceos nocturnos, e están proxectados cursos de formación para guías e a elaboración de material divulgativo. O Parque tamén incluirá actividades relacionadas coa observación e protección do ceo nocturno nos seus Centros de Interpretación e nas súas actividades sobre o terreo nas illas.




