spot_img
InicioGaliciaMedio Ambiente presentará en Fitur o Plan de promoción e posta en...

Medio Ambiente presentará en Fitur o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia

medio-ambiente-presentara-en-fitur-o-plan-de-promocion-e-posta-en-valor-do-patrimonio-natural-de-galicia

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio visitará a 37ª edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, onde promoverá o alto potencial turístico dos recursos naturais da Comunidade

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asistirá o vindeiro mércores, 18 de xaneiro, á Feira Internacional de Turismo (Fitur) para presentar o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia. Desde o posto da Xunta de Galicia, Beatriz Mato dará a coñecer os 16 espazos “imán” da Comunidade, que destacan polo seu valor paisaxístico e natural, pero tamén polo seu alto potencial turístico.

Os espazos “imán” converteranse en elementos de atracción de visitantes cara a outros enclaves situados nun radio de 30 ou 50 quilómetros, que ampliará o coñecemento e fará máis rica a experiencia de quen nos visita.

Por outra banda, o stand contará con persoal dinamizador que convidará aos asistentes á feira a descargar a aplicación de Parques Naturais. Esta aplicación ofrece ao usuario información actualizada sobre o valor dos parques e das súas áreas de influencia co fin de sacar o máximo proveito á súa visita.

Ademais, a Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio aproveitará a vista a Fitur para presentar a nova plataforma web (www.parquesnaturais.xunta.gal), posta en marcha recentemente en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que inclúe información práctica sobre como chegar aos espazos naturais, rutas e servizos dispoñibles.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.