spot_img
InicioGaliciaMedio Ambiente leva a Lugo a campaña ‘Máis claro auga’ para concienciar...

Medio Ambiente leva a Lugo a campaña ‘Máis claro auga’ para concienciar aos cidadáns sobre a importancia de realizar un consumo responsable deste recurso

abastecimiento y gestión del agua

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo Augas de Galicia en coordinación coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, levará mañá mércores, día 9, ata a cidade de Lugo a campaña Máis claro auga, coa que se fai fincapé na necesidade de facer un uso responsable da auga.

O obxectivo primordial desta iniciativa é informar aos cidadáns de como pode contribuír ao aforro de auga no seu día a día. Neste sentido, destácanse pequenas accións tan sinxelas como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán, no que se deixan de usar as vivendas habituais; ou instalar nos billas dispositivos de aforro de auga.

As principais recomendacións de aforro son sinxelas, como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán; ou instalar nas billas dispositivos de aforro de auga

É importante subliñar que ter coidado co desperdicio da auga supón un aforro importante de cartos para familias e administracións públicas; garante a dispoñibilidade de auga a medio prazo, e é vital para a preservación dos hábitats e ecosistemas fluviais

A campaña divulgativa con información na rúa insírese nunha acción de goberno global encamiñada a acadar un aforro deste recurso natural. En contra do que se poida pensa, en Galicia non sobra a auga, e é importante que cidadáns e administracións asimilen esta realidade e compartan a preocupación.

Durante todo o día de hoxe un stand informativo instalado na rúa da Raiña proporciona consellos para o aforro de auga e distribúe redutores de caudal.

Esta exposición xa pasou pola Coruña e Ourense e, tras deixar a cidade departamental, a campaña na rúa visitará Pontevedra, o 11; Santiago na xornada do 16 de setembro; e Vigo, o día 18.

Ademais das accións divulgativas a pé de rúa, que inclúen o reparto de folletos informativos, a campaña que ten en marcha a Consellería de Medio ambiente, compleméntase coa distribución de cartelería así como accións divulgativas nos medios de comunicación.

- Publicidade -spot_img