spot_img
InicioGaliciaA Xunta creará un grupo de traballo interdepartamental, xunto con ONGs e...

A Xunta creará un grupo de traballo interdepartamental, xunto con ONGs e Fegamp, para coordinar a acollida de refuxiados

Xunta-creará-grupo-traballo-interdepartamental-xunto-ONGs-Fegamp-coordinar-acollida-refuxiados

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Madrid na VIII Conferencia sectorial da inmigración, onde o principal punto da orde do día foi a situación de emerxencia dos refuxiados que se está producindo a nivel europeo.

En declaracións posteriores á xuntanza, anunciou a posta en marcha “inmediata” desta nova medida, na que participarán os departamentos do Goberno galego que estean implicados na atención e integración destas persoas

A este respecto, amosou a “absoluta colaboración” do Goberno galego para a acollida destas persoas e anunciou a creación inmediata dun grupo de traballo interdepartamental no seo da Xunta de Galicia, no que tamén participarán as ONGs e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), co fin de unificar os recursos e servizos dispoñibles nos distintos departamentos autonómicos, así como os pertencentes ás entidades sociais e locais.

Lembrou que a Xunta está ultimando un Plan de actuación, que coordinará e unificará os recursos autonómicos e locais

Todo este traballo plasmarase no Plan de actuación que está ultimando o Goberno galego, e que terá como obxectivo non só acoller, senón tamén “integrar” a estas persoas logo da súa chegada. Neste documento, incluiranse os recursos dispoñibles por parte da Xunta de Galicia, así como os ofrecidos por administracións locais e ONGs, co fin de facilitar unha resposta “coordinada, coherente e de acordo ás necesidades reais destas persoas”.

A conselleira eloxiou a reacción anticipada do Goberno central ao convocar esta xuntanza, á espera de que o próximo día 14 se produza en Bruxelas a reunión dos Ministros do Interior. “Creo que son importantes todos os avances e pasos á fronte que poidamos dar desde xa para atallar esta crise e para reforzar os mecanismos cos que xa contamos, e que sempre funcionaron, para atender a todas estas persoas como merecen”, subliñou.

- Publicidade -spot_img