spot_img
InicioGaliciaMato apela á responsabilidade das empresas coas persoas con diversidade funcional para...

Mato apela á responsabilidade das empresas coas persoas con diversidade funcional para acadar unha accesibilidade universal

Mato-apela-responsabilidade-empresas-persoas-diversidade-funcional-acadar-accesibilidade-universalA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apelou hoxe á responsabilidade das empresas coas persoas con diversidade funcional na presentación en Santiago do programa Ford Adapta que esta firma multinacional está a desenvolver en colaboración coa Fundación ONCE. A titular de Benestar destacou a importancia de contar en Galicia cun tecido empresarial responsable coa sociedade para acadar unha accesibilidade universal.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asistiu hoxe en Santiago á presentación do programa Ford Adapta que se desenvolve en colaboración coa Fundación ONCE

O programa Ford Adapta pretende contribuír a acadar unha accesibilidade e mobilidade universal e, polo tanto, dar un paso máis na integración e inclusión das persoas con discapacidade.

Mato lembrou o “firme compromiso” da Xunta coas persoas con discapacidade resaltando a actualización da Lei de Accesibilidade de Galicia que entrou en vigor este ano

Estes mesmos obxectivos, segundo explicou Mato, son compartidos e son prioritarios para o Goberno galego, lembrando o “firme compromiso” da Xunta coas persoas con discapacidade.

Así, sinalou que este mesmo ano entrou en vigor a actualización da Lei de Accesibilidade de Galicia que a Xunta levou a cabo en consenso coas principais entidades que traballan neste eido. O obxectivo deste marco lexislativo é acadar unha accesibilidade universal, que supere o concepto tradicional das barreiras arquitectónicas, regulando, por exemplo, o ámbito das novas tecnoloxías da comunicación.

O Goberno galego incrementou por segundo ano consecutivo o orzamento para a discapacidade que alcanzou en 2015 os 100 millóns de euros

Ademais, a titular de Benestar apuntou que a Consellería de Traballo e Benestar aumentou en 2015 e por segundo ano consecutivo o orzamento para a discapacidade, alcanzando en global a cifra de 100 millóns de euros. Isto supón un crecemento de preto do 9 por cento nos dous últimos anos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.