spot_img
InicioVal MiñorBaionaUn mar sen barreiras. O Monte Real Club de Yates de Baiona...

Un mar sen barreiras. O Monte Real Club de Yates de Baiona clausura o Curso de Vela Adaptada 2014-2015 para persoas con discapacidade

Un-mar-sen-barreiras-Monte-Real-Club-Yates-Baiona-clausura-Curso-Vela-Adaptada-2014-2015-persoas-discapacidadeA Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, presidiu esta mañá en Baiona o acto de clausura do Curso de Vela Adaptada 2014-2015 do Monte Real Club de Yates, no que participaron alumnos de diversas asociacións de persoas discapacitadas de Redondela e o Val Miñor.

Na clausura do curso, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou o gran traballo que realiza o Monte Real para conseguir que Galicia sexa unha sociedade máis integradora

Na súa intervención, Beatriz Mato, que estivo acompañada pola Secretaria Xeral de Política Social, Coro Piñeiro, destacou o gran traballo que realiza o Monte Real para conseguir -dixo- que Galicia sexa unha sociedade máis integradora. A responsable da Xunta tivo, ademais, un especial recordo para o ex presidente do club, Rafael Olmedo, falecido o pasado mes de febreiro.

O presidente do Monte Real Club de Yates, Gabriel Baltar, agradeceu o apoio de Fundación Repsol para facer realidade esta iniciativa

MRCY141 (Copiar)En representación do club interveu o presidente do Monte Real Club de Yates, Gabriel Baltar, quen agradeceu o apoio de Fundación Repsol para facer realidade esta iniciativa, e animou ás administracións públicas e outras empresas e institucións a sumarse ao proxecto co obxectivo de que poida manterse ao longo dos anos.

Tal e como explicou o vicepresidente do club, Alejandro Retolaza, a Escola de Vela Adaptada do Monte Real naceu no ano 2012 baixo a lema de “un mar de todos e para todos” e co obxectivo de que as persoas con discapacidades físicas e psíquicas puidesen practicar vea en igualdade de condicións. Na actualidade -lembrou- son varias as asociacións da comarca que participan na iniciativa, e a intención do club é seguir expandíndoa por toda Galicia co apoio de empresas e institucións.

Campionato de España de Vela Adaptada

Enmarcado no seu plan de achegar o mundo da vela a persoas con discapacidade e potenciar o deporte adaptado, o Monte Real Club de Yates organiza o próximo fin de semana en Baiona, co patrocinio de Vitaldent, o Campionato de España de Vela Adaptada para a clase 2.4mR. Serán tres días de probas nas que regatistas con e sen discapacidades, chegados de distintos puntos de España, competirán en igualdade de condicións.

O campionato empezará o venres 19 cunha regata de adestramento previa ás probas puntuables, que se celebrarán o fin de semana a partir do mediodía. Dous días de competición na baía de Baiona que terán como broche final a entrega de premios aos gañadores, o domingo 21 ao cinco da tarde nas instalacións do Monte Real Club de Yates.

I Vertiatlón Solidario de Baiona

No transcurso do acto o vicepresidente do Monte Real, Alejandro Retolaza, anunciou a celebración, o próximo 12 de setembro, do I Vertiatlón Solidario de Baiona. Trátase dunha proba organizada polo club e o concello na que poderán participar todos os deportistas que o desexen. O diñeiro que se recade coas inscricións irá parar integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates.
Bandeira azul ao porto deportivo do Monte Real

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, foron os encargados de izar, no transcurso do acto de entrega de diplomas do curso de vela adaptada, a bandeira azul que ondeará no club o próximo ano.

O presidente de Portos de Galicia e o alcalde de Baiona foron os encargados de izar a bandeira azul que ondeará no club durante o próximo ano

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor concedeulle ao porto deportivo do Monte Real esta distinción polo coidado ambiental das súas infraestruturas, a calidade das súas augas e a excelencia Un-mar-sen-barreiras-Monte-Real-Club-Yates-Baiona-clausura-Curso-Vela-Adaptada-2014-2015-persoas-discapacidadedos seus servizos náuticos.

O prestixioso galardón, que conta co respaldo da Unesco e a Organización Mundial do Turismo, recoñece a boa xestión que o club realiza nas súas instalacións a través dun plan ambiental específico, que recolle actuacións relacionadas coa auga, os residuos, o consumo de enerxía, a seguridade ou a saúde, entre outras accións.

No acto de clausura do curso de vela adaptada e izado de bandeira azul do Monte Real tamén estiveron presentes os concelleiros de accesibilidade e actividades marítimas de Baiona, Policarpo Vilar e Raúl Costas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.