·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoMarínMarín, un xeito de ser. A nova marca de promoción da vila

Marín, un xeito de ser. A nova marca de promoción da vila

Marín, un xeito de ser. A nova marca de promoción da vilaA promoción da vila de Marín entre os propios veciños e veciñas e máis alá do noso termo municipal contará agora cunha marca sólida, moderna, turística e atractiva que marcará a imaxe pública do Concello en contextos de comunicación e promoción da cidade.

Unha marca corporativa que apoiará ao tradicional escudo institucional, que seguirá sendo a imaxe burocrática da vila para tramitacións e outro tipo de contextos máis formais. Este escudo, que mantén todos os seus elementos identitarios, simplemente foi obxecto dun proceso de simplificación gráfica que mellora a súa implementación no mundo dixital, nun momento no que os trámites a través da sede electrónica e as relacións burocràticas Concello-veciñanza son cada vez máis en liña.

A nova imaxe corporativa da vila convivirá co escudo institucional, que foi adaptado gráficamente para poder facer un mellor uso do mesmo en contextos dixitais pero que mantén todos os seus elementos heráldicos

Esta renovación da imaxe municipal, así como o lema da marca, “un xeito de ser”, foi presentada esta mañá pola alcaldesa, María Ramallo, acompañada polas concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña. “Somos afortunados de vivir nesta terra, de ser marinenses. O noso xeito de entender a vida e de vivila é único, propio de nós e sentímonos orgullosos diso: de ser de Marín e do proxecto de vila que defendemos”, explicou a rexedora.

Por iso, escolleuse o lema “un xeito de ser”, porque “temos unha maneira de ser moi nosa que temos que reinvidicar e revalorizar”.

Sobre a nova marca, a alcaldesa explicou que servirá “de conexión entre a veciñanza e o Concello. Quixemos apostar por unha marca cidade que fose máis alá do escudo e que transmitise os nosos valores e o noso xeito de ser”.

Ademais, engadiu a alcaldesa, esta marca poderá ser utilizada en contextos turísticos e de promoción máis alá de Marin, aínda que o prioritario é “que sexa a cidadanía marinense quen a apadrine e que se sinta representada nela”

Unha M cun corazón marcado no centro

O deseño da marca corporativa, realizado pola axencia Anónimo, representa unha M de Marín con formas redondeadas, amables e agarimosas, conseguindo no seu centro un corazón co que demostrar orgullo e confianza.

A cor azul será, como xa viña sendo hai anos, a que represente á marca da nosa vila, aínda que se contará cunha paleta de cores secundarios que lle darán versatilidade á marca para podere abarcar todas as áreas relacionadas coa cidade: economía, cultura, turismo, medio ambiente, igualdade…

Unha campaña de lanzamento para revalorizar o noso xeito de ser

De cara a presentar a marca á cidadanía iníciase esta campaña de lanzamento, que se reflexará en muppies, redes sociais… e tamén nunha peza na que colaborou a cidadanía de Marín que se poderá ver mañá, sábado, ao mediodía nas canles oficiais do Concello.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies