spot_img
InicioO MorrazoMarínMarín reduce as actividades do Entroido á fin de semana

Marín reduce as actividades do Entroido á fin de semana

Marín reduce as actividades do Entroido á fin de semanaEste Entroido en Marín será, de novo, moi diferente ao habitual. Dada a situación de dó que atravesa a vila, o Concello decide que o Entroido reducirá as súas actividades para os días da fin de semana e centrarase sobre todo nos máis pequenos da casa

Tal e como explicaron fontes municipais, a decoración que estaba prevista para a fachada do Concello trasládase ao Parque Eguren e mantense o Palco da Música, pero non se colocarán ata a fin de semana.

Por outra banda, a celebración da actividade festiva infantil que está prevista para o sábado trasládase da Alameda ao Parque Eguren. No que respecta ás actividades relacionadas con Enterro da Sardiña, foron suspendidas polo Ateneo Santa Cecilia.

Exposición no Museo Torres
Ademais, o museo xa alberga a exposición do Entroido tradicional de Ourense. Cigarróns e o Castrón Meco, figura emblemática do Entroido de Rebordondo, son os protagonistas dunha mostra chea de imaxes e de traxes para coñecer a tradición ourensá, onde o Entroido vívese dun xeito moito máis intenso.

A mostra poderá visitarse até o 13 de marzo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.