Inicio O Morrazo Marín Marín acolle un evento promocional do produto pesqueiro local

Marín acolle un evento promocional do produto pesqueiro local

Marín acolle un evento promocional do produto pesqueiro localO Espazo Gastronómico da Asociación de Empresarios Jóvenes en Marín acollerá o vindeiro xoves, 10 de decembro, un evento de promoción do produto pesqueiro local

Esta acción promocional titulada Pesca, Cultura e Gastronomía – Da Praza ao Prato está organizada polo Grupo de Acción Local Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra e nela participarán representantes do eido empresarial e hostaleiro. O obxectivo deste evento é sensibilizar e concienciar ás persoas consumidoras dos beneficios que aporta o consumo de produto de proximidade (km0) e valorizar o produto local.

A sesión, que comezará ás 12:00 horas, terá unha duración aproximada dunha hora e tras unha charla-coloquio con representantes do GALP Ría de Pontevedra, empresarios e hostaleiros haberá unha degustación de receitas tradicionais e innovadoras con ingredientes extraídos da ría.

A sesión, que tamén poderá seguirse en streaming a través do Facebook de Pescado Artesanal (@Pescado.artesanal), comezará coa intervención da xerente do GALP Ría de Pontevedra, Laura Nieto, que presentará a plataforma pescadoartesanal.com, unha web para a comercialización conxunta das capturas provenientes da pesca artesanal da ría mediante un sistema de avisos de captura e oportunidades de comercialización de peixe e marisco do día.

Tras esta intervención terá lugar unha charla-coloquio sobre a variedade do produto artesanal da Ría de Pontevedra e a súa comercialización na que intervirán diversos protagonistas do sector da comercialización do produto artesanal. Deste modo, as persoas asistentes coñecerán as curiosidades do produto artesanal da Ría e as súas posibilidades culinarias da man de Pilar Otero, da empresa Frigoríficos Rosa de los Vientos; e dun representante da empresa comercializadora O Percebeiro.

Ao final desta sesión, os asistentes poderán degustar unha mostra do que a ría ten que ofrecer grazas ás propostas gastronómicas de Iñaki Bretal do Eirado de Leña e da empresa Rosa de los Vientos.

Para asistir ao evento é preciso inscribirse por teléfono (604022612) ou enviando un correo electrónico a elpescadoartesanal@gmail.com e, en caso de non poder asistir, poderán seguir en streaming a sesión no Facebook de Pescado Artesanal.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies