spot_img
InicioVal MiñorBaionaMarcos Cordeiro e Simón Porzio do Naútico de Vigo, campións galegos da...

Marcos Cordeiro e Simón Porzio do Naútico de Vigo, campións galegos da clase 420 de vela

marcos-cordeiro-e-simon-porzio-do-nautico-de-vigo-campions-galegos-da-clase-420-de-vela

Os regatistas do Real Club Náutico de Vigo fixéronse co título autonómicotras vencer no Trofeo Baitra celebrado en Baiona. As tamén viguesas Carlota Hernández e Ana Carrasco gañaron na categoría feminina e os coruñeses Víctor Fernández e Aidan Berry en Sub 17 .

Os regatistas Marcos Cordeiro e Simón Porzio , ambos de 17 anos, fixéronse esta tarde co título de campións galegos de 420, ao gañar no Trofeo Baitra organizado polo Monte Real Club de Yates coa colaboración da Federación Galega de Vela, Magic Marine e Efectos Navais Jesús Betanzos.

A tripulación do Real Club Náutico de Vigo alzouse vencedora do campionato ao impoñerse nas cinco regatas celebradas ao longo do fin de semana na baía de Baiona. Tras o primeiras tres probas do sábado, o comité de regata deu saída este domingo a outras dúas regatas máis, que a frota completou cun vento duns seis nós de media.

Cordeiro e Porzio completaron os percorridos con moi bos resultados. Lograron un primeiro e un segundo posto que lles aseguraron a vitoria na categoría Sub 19 e na xeral do trofeo.

En segunda posición quedaron as súas compañeiras de club, Carlota Hernández e Ana Carrasco, que tras vencer na primeira xornada, non foron quen de manter o liderado na segunda e quedaron sen o ouro do campionato. A apenas un punto de distancia dos primeiros, Hernández e Carrasco lograron, ademais da prata na xeral, o mellor posto na categoría feminina.

O bronce do campionato galego foise tamén para o Náutico de Vigo, que fixo pleno no podio ao colocar a outra das súas tripulacións no terceiro banzo, a formada por Alejandro San Martín e Luís Sampedro.

Na categoría sub 17, os gañadores foron Víctor Fernández e Aidan Berry, do Real Club Náutico da Coruña.

Tras decidirse na auga a clasificación final do campionato, as instalacións do Monte Real Club de Yates acolleron a celebración da entrega de premios, na que participou o Director Xeral de Baitra Accesorios Navais Juan Carlos González , como principal patrocinador do evento. Tamén estiveron presentes o alcalde de Baiona, Anxo Rodal, e do presidente, comodoro e vicecomodoro do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, Fernándo Yáñez e Genoveva Pereiro.

A próxima cita coas regatas do Monte Real Club de Yates é o 27 de febreiro coa cuarta xornada da liga de Inverno Clase J80, unha competición na que vai líder o Miudo de Rui Ramada, seguido do Virazón de Miguel Lago e o Alumisel de Willy Caamaño.

marcos-cordeiro-e-simon-porzio-do-nautico-de-vigo-campions-galegos-da-clase-420-de-vela

CLASIFICACIÓN TROFEO BAITRA-CAMPIONATO GALEGO 420

Clasificación xeral

1º) Marcos Cordeiro e Simón Porzio – RCN Vigo
2º) Carlota Hernández e Ana Carrasco – RCN Vigo
3º) Alejandro Sanmartín e Luís Sampedro – RCN Vigo

Mellor tripulación feminina

Carlota Hernández e Ana Carrasco – RCN Vigo

Mellor tripulación Sub- 19

Marcos Cordeiro e Simón Porzio – RCN Vigo
Mellor tripulación Sub- 17

Víctor Fernández e Aidan Berry – RCN A Coruña

- Publicidade -spot_img