Onte o Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acolleu “Xornada de Emprendemento en Turismo Mariñeiro”, co obxetivo de promover a actividade do turismo marinero e a pesca-turismo nas Rías Baixas, especialmente no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas
O GALP de Vigo-A Guarda (GALP 7), xunto con los GALP Ría de Pontevedra (GALP 6) e GALP Ría de Arousa (GALP 5), en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia puxo en marcha un proxecto de cooperación denominado “Mar das Illas” co cal pretende impulsar o turismo mariñeiro e pesqueiro nas Rías Baixas.
Este proxecto ten como obxetivo promover a actividade do turismo mariñeiro no ámbito do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Un turismo responsable e sostenible para dar a coñecer o mar, as súas actividades , a súa cultura, etnografía da man da poboación local. Para iso haberá que formarse…
Formación do profesionáis do mar para guías do parque nacional
Coa Formación Incial dos Profesionais do Mar para a Actividade de Guías do Parque Nacional preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais como guías do Parque para a divulgación do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.
Manual de iniciación ao turismo mariñeiro nas Illas Atlánticas



