spot_img
InicioBaixo MiñoManuel Garrido proclamouse campión do mundo de Maratón en Ponte de Lima

Manuel Garrido proclamouse campión do mundo de Maratón en Ponte de Lima

Manuel Garrido proclamouse campión do mundo de Maratón en Ponte de LimaO deportista do Kayak Tudense, Manuel Garrido proclamouse campión do mundo de Maratón no campionato que se está celebrando na localidade portuguesa de Ponte de Lima cun crono de 02:04:52.36 en C1 sénior, mentres que o grovense Tono Campos facíase co bronce.

Revista COUSAS DE nº14

Manuel Garrido ocupaba os postos de cabeza cando no grupo de seis embarcacións no que estaba situado chocábanse varios dos integrantes. Este feito colleu ben colocado a Garrido que aproveitou para irse xunto ao húngaro Marton Kover, ao cabo medalla de prata e poñer terra polo medio respecto a os seus rivais.

A partir dese momento, o bo entendemento entre o español e o húngaro fixo que aumentase a súa vantaxe respecto a os seus inmediatos seguidores, entre os que se atopaba Tono Campos.

As voltas e os quilómetros foron pasando e a vantaxe foi aumentando, para chegar ao último porteo que foi decisivo. Garrido que chegou ao tramo final con máis forza descolgou ao seu rival na “carreira pé” e realizou o último quilómetro en solitario, gozando do numeroso público de Tui que estaba a animar.

Minutos máis tarde Tono Campos, actual campión de Europa, entraba en meta en terceiro lugar despois dun intenso sprint co representante de Polonia. Campos xa está a pensar na carreira de mañá de C2, xunto ao seu compañeiro Diego Romero.

Ademais, esta mañá competiron os padeeiros do Piragüismo Verducido Anxo García e David Pazos no que K1 xuvenil, onde ocuparon a sétima e décima praza respectivamente. Tamén competeu Noa Conde do E.P. Ciudad de Pontevedra no C1 senior onde alcanzou a novena posición

- Publicidade -spot_img