spot_img
InicioVigo e áreaVigoManuel Castro regresa ao seu lugar na rúa do Príncipe

Manuel Castro regresa ao seu lugar na rúa do Príncipe

Manuel Castro regresa ao seu lugar na rúa do PríncipeO alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Cultura, Abel Losada, achegáronse este luns á descuberta da escultura do icónico vendedor de xornais Manuel Castro, que foi reforzada despois de sufrir actos vandálicos en varias ocasións

Cousas de revista nº16

A escultura recupera o seu espazo na rúa do Príncipe, ao carón do Marco, onde foi colocada por primeira vez en decembro do ano 2011.

A escultura é obra de Jandro Rodríguez, de bronce e cun peso de 300 quilos, e recolle o xesto habitual de Manuel Castro, xirando o periódico sobre o dedo índice da súa man dereita.

O alcalde explicou que a popular escultura tivo que ser reparada en varias ocasións por mor de actos vandálicos e agora regresa á rúa do Príncipe logo de terse “reforzado moito as soldaduras do dedo e do antebrazo e a peza de forma estrutural. A partir de hoxe volve estar entre nós”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.