Inicio Pontevedra A Mancomunidade do Val Miñor pon en marcha un comedor social atendido polos...

A Mancomunidade do Val Miñor pon en marcha un comedor social atendido polos alumnos do VI Obradoiro de Emprego ‘Terras do Miñor’

mancomunidade-do-val-minor-pon-marcha-comedor-social-atendido-polos-alumnos-do-vi-obradoiro-emprego-terras-do-minorA Mancomunidade do Val Miñor puxo en marcha este martes o comedor social que será atendido polos alumnos do VI Obradoiro de Emprego ‘Terras do Miñor’ ata que finalización a súa etapa formativa.

A iniciativa púxose en marcha cunha achega de 179.134,20 euros (97.150,20 euros para os gastos salariais dos alumnos) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

A sexta edición do Obradoiro de Emprego ‘Terras do Miñor’ está promovido pola Mancomunidade do Val Miñor e estase desenvolvendo desde o mes de outubro, nas dependencias do CEE (Centro de Educación Especial) de Panxón. Ao longo dos seis meses de duración, os 15 alumnos traballadores (sete de operacións básicas de cociña e oito de servizos de restaurante), serán os encargados de elaborar as comidas e servizo de restaurante para o comedor social que comezou a funcionar este martes.

Os traballadores do taller son sempre seleccionados a través das listaxes do INEM, nesta ocasión menores de 30 anos, mentres que os usuarios do comedor social proceden dos departamentos de servizos sociais dos tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor.

O presidente da Mancomunidade e alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o alcalde de Nigrán, Juan González, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, acudiron este martes á presentación do taller e á apertura do comedor social que se desenvolve os martes e xoves, segundo a programación do taller, durante todo o proxecto.

A directora do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor VI”, Mª do Pilar Pintos, destacou a profesionalidade dos responsables do taller e a calidade do servizo que prestarán todos os alumnos. “O alumnado pon todo o seu esforzo para ofrecer aos usuarios un comedor social de primeira categoría”, sinalou.mancomunidade-do-val-minor-pon-marcha-comedor-social-atendido-polos-alumnos-do-vi-obradoiro-emprego-terras-do-minor

Pola súa banda, Ángel Rodal destacou os esforzos da Mancomunidade para conseguir “xente preparada e especializada grazas aos talleres, de maneira que podamos fomentar o emprego de calidade no Val Miñor e que mediante a formación poidan entrar no mercado de traballo nestas especialidades tan demandadas”.

O Obradoiro de Emprego ‘Terras do Miñor’ foi solicitado desde a Mancomunidade, obtendo a resolución favorable da Xunta. Esta será a sexta edición e contará cunha duración de 6 meses (960 horas en total).
O comedor está nas dependencias do CEE (Centro de Educación Especial) de Panxón e posibilita que martes e xoves aqueles que o necesiten poidan contar cun menú completo composto por un primeiro, un segundo, sobremesa e bebida.

Os pratos son elaborados nas clases de cociña polo alumnado do obradoiro e son servidos polas persoas que se están formando para ser camareiros profesionais. Este comedor ten unha dobre utilidade. As persoas usuarias benefícianse dun menú completo e os traballadores fórmanse para o mercado laboral.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies