spot_img
InicioVal MiñorNigránMáis dun centenar de creacións artesanais compoñen a I Exposición de Beléns...

Máis dun centenar de creacións artesanais compoñen a I Exposición de Beléns do Concello de Nigrán

Máis dun centenar de creacións artesanais compoñen a I Exposición de Beléns do Concello de NigránA mostra de belenismo permanecerá aberta até o próximo 23 de decembro, en horario de 18.00 a 20.00 horas no Salón de Plenos Municipal, aínda que tamén poderá visitarse en horario laboral do concello.

O fin de semana, a súa creadora e veciña de Nigrán, Lupe Soto, ofrecerá unhas demostracións de como se elaboran as figuras e beléns que compoñen a exposición.

O Salón de Plenos Municipal acolle desde hoxe e até o próximo 23 de decembro a I Exposición de Beléns, unha mostra de belenismo composto por máis dun centenar de creacións artesanais, elaboradas fundamentalmente a partir de poliexpan extruido por unha veciña de Nigrán, Lupe Soto.

A exposición estará aberta ao público de 18.00 a 20.00 horas, aínda que tamén poderá visitarse en horario laboral do concello, e completarase o fin de semana cunhas demostracións en directo a cargo da súa creadora, Lupe Soto, de como se elaboran estas pezas de forma artesanal, tanto os beléns como as figuras, ornamentos e outros elementos que os compoñen.

Algunhas das creacións que se expoñen no Salón de Plenos Municipal foron premiadas en diversos concursos de beléns a nivel provincial, estando agora a disposición dos veciños e veciñas de Nigrán para comprobar e descubrir como cun pouco de material económico e de forma sinxela, pódense facer auténticas obras de artesanía.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.