Inicio Pontevedra A Deputación edita "A fada das camelias", un libro infantil que achega...

A Deputación edita “A fada das camelias”, un libro infantil que achega os máis cativos ó mundo dunha flor característica das Rías Baixas

A obra, escrita por Enrique Mauricio e ilustrada por Carlos Taboada, está producida pola editorial Galaxia

O mundo da camelia e a súa presenza nas Rías Baixas chega agora ó mundo infantil da man da obra A fada das camelias, editada pola Deputación de Pontevedra e destinada ós primeiros lectores. Esta flor, tan característica das Rías Baixas, convértese en protagonista dunha historia na que tamén hai espazo para os sentimentos, a arte ou a música.

Así se puxo de manifesto esta mañá na rolda de prensa de presentación que tivo lugar no Pazo provincial e na que Francisco Castro, representante da editorial Galaxia (encargada da produción do libro), destacou que o obxectivo desta publicación “é divulgar o mundo da camelia” e a súa “dimensión enorme” na provincia, pero sempre coa vista posta en sacar á rúa un produto de “alta calidade literaria” e cunha presentación atractiva para o público obxectivo.

Enrique Mauricio e ilustrada por Carlos Taboada, está producida pola editorial GalaxiaIso logrouse cos textos de Enrique Mauricio e as ilustracións de Carlos Taboada, dous activistas culturais que forman o colectivo Polo Correo do Vento, especializado en contacontos para os máis pequenos.

Desta forma, tal e como subliñou a deputada Begoña Estévez, conséguese un libro “especialmente bonito” para un público para o que aínda non se fixera nada en relación a unha planta de especial arraigamento na provincia e “coa que a Deputación ten unha especial sensibilidade”.

Neste sentido, fixo fincapé na relevancia deste recurso tanto a nivel turístico coma económico e de dinamización social e cultural. Lembrou o éxito do Congreso Internacional da Camelia en Pontevedra, impulsado pola propia Deputación e a Sociedade Internacional da Camelia, que trouxo 250 congresistas de 16 países do mundo a esta cidade; a visita dunha delegación de 15 empresarios chineses, que estiveron onte nas Rías Baixas interesados en facer negocio no ámbito da camelia e noutros sectores; ou as 23 exposicións da camelia que se desenvolverán en 2015, das cales 15 serán na provincia de Pontevedra e as demais no resto de Galicia e no norte de Asturias.

Con respecto ó contido de A fada das camelias créase unha historia protagonizada por unha nena e a súa avoa. Ambas as dúas pasean por un xardín cheo de camelias, mentres a avoa lle vai explicando á pequerrecha historias fermosas asociadas a cada tipo de camelia. Así, a neta descobre que hai camelias relacionadas coa música, coa literatura, co amor… e, sobre todo, vai establecendo e apuntalando unha especial relación de confianza e agarimo coa súa avoa.

Un xeito diferente, a partir dun álbum ilustrado producido pola editorial Galaxia, de explicarlles ós nenos qué son as camelias e o fermoso universo que ten que ver con elas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies