Inicio Galicia Máis de trinta concellos galegos sumáronse xa á campaña de promoción do...

Máis de trinta concellos galegos sumáronse xa á campaña de promoción do leite galego de calidade diferenciada Galega 100%

mais-de-trinta-concellos-galegos-sumaronse-xa-a-campana-de-promocion-do-leite-galego-de-calidade-diferenciada-galega-100A Consellería do Medio Rural deseñou unha ampliación desta promoción adaptada ás entidades locais que desexen voluntariamente sumarse e apoiar ao sector, co obxecto de xuntar esforzos e de evitar unha multiplicidade de mensaxes e marcas diferentes

Máis de trinta concellos galegos incorporáronse xa á campaña de promoción do leite galego de calidade diferenciada baixo o selo Galega 100% que impulsa a Consellería do Medio Rural. Deste xeito os entes locais súmanse aos esforzos de promoción que está levando a cabo a Xunta para fomentar o consumo deste leite entre os consumidores. Coa incorporación destes municipios, e doutros que se van sumando progresivamente á campaña, ponse en valor a importancia desta promoción como apoio ao lácteo galego, co obxectivo xeral de impulsar e fomentar o sector agroalimentario de Galicia.

En Galicia hai moitos concellos con intereses leiteiros, polo que as entidades locais teñen moita capacidade para promocionar esta marca entre a súa veciñanza e, deste xeito, contribuír a mellorar os beneficios económicos dos produtores de leite e o seu nivel de vida. Por este motivo, a Xunta deseñou unha ampliación da campaña Galega 100% adaptada ás entidades locais que desexen voluntariamente sumarse e apoiar ao sector, co obxecto de xuntar esforzos e de evitar unha multiplicidade de mensaxes e marcas diferentes. Así, a Consellería do Medio Rural pon á súa disposición o deseño do material promocional totalmente de balde, para que desde os municipios o reproduzan da maneira que desexen e que consideren axeitada.

Esta acción promocional da man dos concellos complementa as actividades levadas a cabo por toda Galicia pola propia Xunta. Entre elas cómpre destacar as charlas divulgativas sobre a marca dirixidas a asociacións de amas de casa, consumidores e usuarios; diversas visitas a explotacións de vacún de leite e reparto de minibricks en eventos deportivos e feiras agroalimentarias.

Galega 100% identifica o leite e os produtos lácteos de calidade diferenciada elaborados con materia prima galega, feitos e envasados na nosa Comunidade. A materia prima que se emprega nestes produtos procede exclusivamente de explotacións leiteiras inscritas no Rexistro de Explotacións de Calidade Diferenciada.

A marca Galega 100% e a súa xestión é propiedade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), organismo no que están representadas as industrias lácteas e os produtores de leite.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies