Inicio Pontevedra Máis de 600 persoas de 7 concellos participarán a vindeira semana no...

Máis de 600 persoas de 7 concellos participarán a vindeira semana no programa “En ruta coa Depo”

mais-de-600-persoas-de-7-concellos-participaran-a-vindeira-semana-no-programa-en-ruta-coa-depo

O programa, no que participarán preto de 19.000 persoas, ofrece alternativas de lecer dinámico e saudable á vez que fomenta a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional

 “En ruta coa Depo”, programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana a segunda saída cunha participación de máis de 600 persoas pertencentes a asociacións dos concellos da Guarda, Moaña, Mos, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo e Vigo. En concreto, beneficiáronse da segunda saída a Asociación de Mulleres Rurais Santa Tecla (A Guarda), o Club de xubilados e pensionistas Nosa Señora do Carme (Moaña), o Centro Recreativo e Cultural de Torroso (Mos),  a Asociación Cultural Reiriz 2016 A Queimada (Pontevedra), o Centro Social e Cultural de Cedeira e a Cofradía de Pescadores de San Juan (Redondela), o Club de Pensionistas de Sanxenxo e a Asociación de Veciños San Roque (Vigo).

Nesta segunda saída do programa o Centro Social e Cultural de Cedeira, a Cofradía de Pescadores de San Juan  e a Asociación Cultural Reiriz 2016 A Queimada visitará O Grove e a Ría de Arousa; a Asociación de Mulleres Rurais Santa Tecla percorrerá Barro, Portas, Caldas e Cuntis; o Club de xubilados e pensionistas Nosa Señora do Carme coñecerá Silleda e os seus atractivos turísticos; o Centro Recreativo e Cultural de Torroso visitará Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; o Club de Pensionistas de Sanxenxo percorrerá A Guarda e o conxunto histórico de Tui, incluíndo un paseo polo río Miño e a Asociación de Veciños San Roque coñecerá o conxunto histórico de Cambados e a senda fluvial do río Umia en Ribadumia, cunha visita a unha adega da D.O. Rías Baixas.

“En ruta coa Depo” conta cun orzamento de 238.500 € e ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra a través da promoción da igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, ofrecendo alternativas de ocio e tempo de lecer dinámico e saudable á poboación xuvenil da provincia así como o asociacionismo xuvenil e, ademais, promovendo rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente as nenas e nenos.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies