Máis de 60 deportistas de toda España e Portugal daranse cita no pabellón municipal de Redondela “A Bombonera” para competir nas disciplinas de espada medieval e escudo broquel, espada ropera e espada longa. O evento, organizado pola Sala Viguesa de Esgrima Antiga en colaboración coa Concellería de Deportes, arrancará ás 9.00 horas.
A terceira edición do ‘Torneo de esgrima histórica Vila de Redondela’ coverterán este municipio na capital de Galicia da esgrima antiga. Se celebrará o sábado 8 de febreiro, a partir das 9,00h no pavillón de Redondela, coñecido popularmente como ‘A bombonera’ e nel participarán máis de 60 deportistas representando a 15 salas de toda España e Portugal.
O evento foi presentado, na mañá de onte pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada do concelleiro de Deportes, Ignacio González e Damián Troncoso, presidente e fundador da Sala Viguesa de Esgrima Antiga e un referente en España neste deporte.
Este torneo ven de experimentar un crecemento espectacular que se consolida, nesta terceira edición, duplicando o número de participantes con respecto á edición do pasado ano. Tal e como explicaba Damian Troncoso, son máis de 60 participantes representando 15 salas de España e Portugal “que nos converten no torneo máis grande que se ten feito en Galicia ata o momento e, posiblemente, un dos máis grandes de España”.
A esgrima histórica é un arte marcial en auxe que se realiza co manexo real das armas históricas que en séculos pasados empleabanse nas guerras o nos dolos.
Troncoso, amosaba a súa satisfacción polo feito de que, cada ano “son máis as persoas que se achegan ata este torneo para coñecer de preto esta disciplina que é moi espectacular”. A realización deste torneo en Redondela, “no meu municipio” subliñaba Damián, fai que na Sala Viguesa de Esgrima Antiga, que por certo ten a súa sede social na parroquia redondelá de Cedeira, “teñamos alumnado de Redondela, de San Esteban, de Cedeira e outras zonas”.
O torneo dispútase no formato mixto, competindo mulleres contra hombres sen ningún tipo de distinción ao igual que tampouco hai división por idades porque –sinala Damian Troncoso– “é un torneo onde a arma, a espada, iguala as forzas. A esgrima é cuestión de destreza e axilidade e iguala as idades e os xéneros”.
O torneo, ao contrario que en anos anteriores que disputouse ao aire libre, “pasará ao pabillón de deportes porque, coa inestabilidade meteorolóxica que hai non nos imos a arriscar” confirmou Digna Rivas
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, apostaba para que o sábado “todo saia perfecto”, e agradecía “o traballo realizado pola Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, e tiña tamén palabras de agradecemento para Damián Troncoso “por elixir Redondela para a celebración deste torneo que recupera unha parte da historia a través dunha disciplina deportiva moi vistosa”. Rivas tamén salientou a importancia que ten a presenza de máis de 60 participantes “pertencentes a salas de esgrima antiga de Madrid, Barcelona, Bilbao, Mallorca, Oporto e Lisboa, que veñen acompañados de familia e amigos e que aproveitarán para coñecer o noso municipio e o seu potencial turístico”.
Finalmente, Digna Rivas facía especial fincapé na “importante promoción turística que para o noso municipio supón a presenza de 64 participantes de toda España e Portugal, que veñen con familias”. De feito, como explicaba Troncoso, “as e os tiradores farán unha visita á Illa de San Simón e tomar contacto coa memoria histórica e a historia de Redondela e “se hai tempo, ao Meirande, para afondar máis na historia do municipio”.




