spot_img
InicioVigo e áreaVigoMáis de 500 traballadores do naval de Vigo melloran a súa cualificación...

Máis de 500 traballadores do naval de Vigo melloran a súa cualificación a través de 30 cursos financiados entre a Xunta e Asime

Esta iniciativa supón unha mellora efectiva da empregabilidade e outorgará aos traballadores a homologación internacional que precisan para traballar nos estaleiros e nas empresas auxiliares do naval

O convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Traballo e Benestar e Asime para mellorar a cualificación dos empregados no naval permitiu que na cidade de Vigo se formaran 510 alumnos e alumnas a través de 34 cursos de formación. A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, entregou hoxe na cidade olívica os diplomas que acreditan a formación destas persoas.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, entregou hoxe en Vigo os diplomas que acreditan a formación destas persoas

O departamento autonómico investiu nesta actuación máis de 1,5 millóns de euros para a impartición durante os anos 2014-2015 de 49 cursos no sector naval, o que permitiu que se formaran un total de 735 alumnos nas cidades de Vigo e Ferrol. O nivel de inserción acadado polos cursos, segundo os datos proporcionados pola propia entidade que impartiu as accións formativas, acadou o 38% dos participantes. Esta formación está fundamentalmente destinada á preparación e cualificación dos traballadores desempregados do sector naval para a súa incorporación á fabricación dos floteis adxudicados tanto na ría de Vigo como na ría de Ferrol.

A colaboración entre Xunta e Asime permitiu na cidade olívica e en Ferrol o desenvolvemento de preto de 50 accións formativas que beneficiaron a 735 traballadores do sector do naval

As accións formativas estruturáronse en sete especialidades diferentes: tubaxe naval, soldador naval, soldador tubaxe, caldeireiro naval, pintor naval, habilitador naval e electricista naval. Estas actividades ofrecerán aos traballadores a homologación internacional necesaria para traballar nos estaleiros e nas empresas auxiliares, unha condición esencial nun sector tan globalizado como o naval. O obxectivo do convenio é permitir ás empresas do sector contar con profesionais máis preparados e acreditados para facer fronte aos novos retos aos que se teñen que enfrontar.

Esta iniciativa supón unha mellora efectiva da empregabilidade e outorgará aos traballadores a homologación internacional que precisan para traballar nos estaleiros e nas empresas auxiliares do naval

Estes cursos apoian aos sectores estratéxicos da economía galega, como é o naval e as empresas auxiliares. No marco dese apoio ao naval, é fundamental poder colaborar con ASIME en diversas accións como nos avances na prevención de riscos laborais, a posta en marcha de actividade formativas como as que recolle este convenio ou as iniciativas novidosas como Empreganav.

Este último programa, que rematou en 2014, promoveu a reinserción laboral de 450 profesionais do sector que perderon o seu traballo, reconducíndoos cara novas alternativas, apostando pola reciclaxe laboral e fomentando o espírito empresarial.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.