spot_img
InicioGaliciaFeijóo salienta a importancia da colaboración e o traballo conxunto da sociedade...

Feijóo salienta a importancia da colaboración e o traballo conxunto da sociedade e as administracións para acadar a plena integración social e laboral das persoas con discapacidade

Feijóo-salienta-importancia-colaboración-traballo-conxunto-sociedade-administracións-acadar-plena-integración-social-laboral-persoas-discapacidade

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a importancia da colaboración e do traballo conxunto da sociedade e as administracións para acadar a plena integración social e laboral das persoas con discapacidade.

Destaca o labor da Fundación Down Compostela e incide na idea de que derrubar barreiras exixe dun compromiso conxunto da sociedade, incluído o mundo empresarial, e as administracións públicas, pasando polos interlocutores sociais e as entidades de movemento asociativo da discapacidade

Durante unha visita á Fundación Down Compostela, Feijóo agradeceu a oportunidade de poder estar na asociación e coñecer in situ o seu labor, incidindo na idea de que derrubar barreiras exixe dun compromiso conxunto da sociedade –incluído o mundo empresarial- e as administracións públicas, pasando polos interlocutores sociais e as entidades de movemento asociativo da discapacidade como esta fundación.

Refírese á posta en marcha da Estratexia de inclusión social Horizonte 2020 como unha folla de ruta para facer realidade a inclusión “e que sempre esta aberta para as achegas, as demandas e as necesidades de colectivos como os que representa esta fundación”, asevera

Nesta liña, o responsable autonómico lembrou a posta en marcha polo Goberno galego da Estratexia de inclusión Social Horizonte 2020; unha folla de ruta para facer realidade a inclusión “e que sempre está aberta para as achegas, as demandas e as necesidades de colectivos como os que representa esta fundación”, aseverou.

Reitera o compromiso de seguir incrementando as prazas de oferta pública de emprego para este colectivo e de seguir axudando á cofinanciación de centros como Down Compostela, implicados no coidado, na educación e na inserción laboral das persoas con discapacidade

Feijóo referiuse a esta iniciativa como a proba de que a Xunta está a carón dos que máis o necesitan, para escoitalos e para tentar dar resposta as súas necesidades, e animou á Fundación Down Compostela a seguir traballando para mellorar as condicións e a calidade de vida das persoas con síndrome de Down ou outra discapacidade individual, procurando a súa plena integración familiar, escolar, social e laboral.

As administracións públicas temos que mandar unha mensaxe de compromiso”, insistiu o presidente da Xunta, referíndose tamén ao compromiso de seguir incrementando a oferta pública de emprego para este colectivo e de seguir axudando á cofinanciación de centros como Down Compostela, implicados no coidado, na educación e na inserción laboral das persoas con discapacidade.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.