spot_img
InicioGaliciaCompostelaMáis de 40 propostas de 15 países diferentes na programación do festival...

Máis de 40 propostas de 15 países diferentes na programación do festival Wosinc

Máis-40-propostas-15-países-diferentes-programación-festival-Wosinc
Branca Novoneyra e Iván Arias co cartel do festival.

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director doWosinc, Iván Arias, presentaron en Raxoi a programación completa do festival que arrinca esta mesma noite coa estrea deLos Hongos, película do colombiano Óscar Ruiz Navia, que se proxecta por primeira vez en España grazas ao cine e distribuidor Numax, ás 20:15 horas. Comeza así unha intensa axenda de actividades relacionadas coa música, as artes escénicas, o audiovisual, o debate e a gastronomía dentro do festivalWosinc, que culminará coa súa potente axenda musical e escénica do 11 ao 13 de setembro.

Michael Rother, The Octopus Project, Girl Band, Mdou Moctar e Ignatius Farray son algúns dos nomes máis atractivos dun cartel onde o peso de artistas galegos non é lixeiro, e que implica ata a dez espazos emblemáticos da cidade. Serán máis de corenta propostas chegadas desde quince países diferentes. O evento conta coa participación do Concello de Santiago e outras institucións, ademais de colaborar con axentes culturais de primeira orde da cidade coma o Festival Curtocircuíto ou a cooperativa cultural Numax. A partir de hoxe pódese ver a programación horaria completa e pódense adquirir as entradas de día a través da páxina web do evento.

Máis-40-propostas-15-países-diferentes-programación-festival-Wosinc

 

O Mercado de Abastos será o punto de encontro das actividades gastronómicas que Wosinc propón como nova para esta edición e que se celebrarán con carácter gratuíto durante o mediodía do sábado 12. Por unha parte, unha demostración gastronómica apadriñada por Abastos 2.0, Radio Deli e Pazo de Altamira, tres locais de referencia no eido do Mercado. Os tres locais prepararán en directo unha tapa exclusiva que só será servida durante esta xornada e ademais ofertarán unha pequena degustación e un desconto especial para abonados. A segunda iniciativa de Wosinc no Mercado de Abastos é a creación de tres rutas gastronómicas guiadas pola praza da man de tres expertos en diversas ramas da gastronomía: tradicional, ecolóxica e pasteleira.

No terreo audiovisual, Wosinc estreará en Compostela dúas cintas con dous axentes indispensables no terreo cinematográfico de Santiago. A primeira é a película colombiana Los Hongos, que será preestreada estemércores 2 de setembro na sala de cine Numax, onde os abonados poderán acudir por un prezo reducido. Merece ser destacada a colaboración con Curtocircuíto, o Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, para presentar Akounak Tedalat Taha Tazoughai, primeira película de ficción Tuareg, protagonizada ademais polo músico Mdou Moctar, que tamén participa noWosinc. Ademais Curtocircuíto programa unha Noite Curta ao ar libre na praza de Praterías, cunha selección de pezas audiovisuais experimentais. Completa o programa audiovisual a proposta da formación galega musical experimental Volontè, que proxectará a súa peza documental homónima rodada en 16mm.

Máis-40-propostas-15-países-diferentes-programación-festival-Wosinc

Debates
No eido do debate, Wosinc propón catro coloquios cunha ampla visión cultural. O primeiro, “A necesidade do colectivo!, foi concibido polo crítico e músico Luis Boullosa e será conducido polo periodista e axente cultural David Bizarro, reflexionando sobre o peso do contido sociopolítico na música e outras artes. O segundo, “Te estoy hablando a ti”, será coordinado pola periodista e escritora Xiana Arias – baixo o seu alter ego Lara Tigre – e explora as posibilidades dunha nova linguaxe auspiciada por varias creadoras, comunicadoras e activistas.

Outros dous coloquios de corte máis especializado foron engadidos ao programa. O primeiro, “Por amor á arte, da paixón á profesión’, conducido por Fernando Rego, pon en común a varios promotores musicais independentes galegos, estatais e internacionais para debater en torno á profesionalización e profesionalidade no ámbito musical. Por outra banda, a empresa de venda de entradas Ticketscript apadriña a conferencia “Como aplicar os datos aos teus eventos’, dirixido a profesionais de actos públicos.

Wosinc pretende, coa presentación deste ambicioso cartel internacional, afianzar o evento como unha aposta urbana, integradora, multidisciplinar e comprometida co entorno da cidade de Santiago e a cultura galega.

O abono para o festival pódese adquirir por 40 € + gastos na páxina web do festival. Ademais as entradas para cada unha das tres xornadas pódense adquirir por 20 € o venres, 30 € o sábado e 10 € o domingo.

- Publicidade -spot_img