Inicio Vigo e área Soutomaior Finalizaron os traballos de mellora nos colexios de Soutomaior para o inicio...

Finalizaron os traballos de mellora nos colexios de Soutomaior para o inicio do novo curso

Finalizaron os traballos de mellora nos colexios de Soutomaior para o inicio do novo curso
O alcalde, Agustín Reguera, e a edil de Educación, Fátima Vidal, comprobaron o estado das obras

Os centros de ensino do Concello de Soutomaior acolleron durante as últimas semanas varias obras de mellora nas súas instalacións co obxectivo de satisfacer as necesidades de profesores e alumnos de face ao comezo do próximo curso escolar. Os traballos incluíron diversas melloras e reparacións nas aulas, patios de recreo e instalacións exteriores de todos os centros educativos.

Durante o verán, os colexios de Soutomaior pechan as súas portas para dar un descanso tanto aos seus alumnos como aos seus profesores. Momento que o Concello aproveita para realizar diversas obras de mellora e mantemento nos mesmos. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de educación, Fátima Vidal, comprobaron as obras para asegurar que estarán listas para a apertura dos centros educativos.

O C.P.I. Manuel Padín Truiteiro é o centro escolar que máis traballos acolleu

A principal novidade é a instalación dun novo pavimento de terra compactada en todo o patio de recreo. Do mesmo xeito instalaranse 175 metros de valo protector na contorna do campo de deportes e acondicionaranse e reformarán varias cunetas destinadas á evacuación de augas pluviais. Ademais dos traballos para renovar a pintura de varias aulas, cuartos de aseo e zonas de comedor, revisáronse todas as persianas e elementos de calefacción para garantir o seu perfecto estado.
A escola infantil ?A galiña azul? xa está preparada para o ano escolar co repintado e mantemento de varias das aulas, corredores ademais das clásicas revisións de seguridade.

Para finalizar, no edificio de educación infantil en Arcade, pintáronse catro aulas completamente ademais das habituais revisións en elementos de alto uso e desgaste como os enchufes, persianas, billas…

Con estes traballos o Concello de Soutomaior pretende ofrecer unha mellora na calidade das súas instalacións educativas a todos os seus usuarios ademais de responder as solicitudes expostas polos alumnos, pais e profesores para o inicio deste novo curso escolar.

Accesos ao Colexio PadínTruiteiro
Ademais dos traballos no interior do colexio, a contorna do CPI Padín Truiteiro tamén foron obxecto de mellora. Finalizaron os traballos de asfaltado na rúa Arcade de Arriba, que dá acceso ao centro, o que sumado ao novo aparcadoiro exterior ?mellorará sensiblemente a seguridade viaria dos usuarios do colexio?, afirmou Agustín Reguera.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies