spot_img
InicioVal MiñorNigránMáis de 370 judokas daranse cita no Campionato Provincial de Judo en...

Máis de 370 judokas daranse cita no Campionato Provincial de Judo en Nigrán

370-judokas-Campionato-Provincial-Judo-Nigrán

 

O Pavillón Municipal de Deportes de Panxón acollerá o sábado entre as 10.30 e as 14.00 horas o Campionato Provincial de Judo, no que se darán cita máis de 370 judokas nas categorías feminina e masculina, procedentes de 40 clubs da provincia.

A concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, presidiu hoxe a presentación do campionato, en compañía do Coordinador Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Guillermo Reinaldo, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e as concelleiras de Mocidade e Comercio de Nigrán, María José Pino e Rosa Rodríguez.

Xunto a eles, máis de 200 escolares de cinco colexios de Nigrán -CEIP de Mallón, o CPI de Panxón, o CEIP Humberto Juanes, o CPR Estudo e o CPR Angel da Garda-, que puideron gozar dunha xornada de iniciación ao judo no pavillón municipal.

A concelleira destacou o formato elixido para a presentación da competición, dirixido a fomentar a práctica deportiva saudable, especialmente entre o colectivo infantil. Así mesmo, subliñou o valor de que un ano máis Nigrán sexa sede desta competición, tanto desde un punto de vista deportivo como económico, “xa que atraerá a Nigrán a máis de 300 deportistas acompañados de familiares e amigos que poderán coñecer os encantos do municipio á vez que fomentar a actividade da hostalaría local”

- Publicidade -spot_img