spot_img
InicioVal MiñorNigránMáis de 30 equipos de basket de toda Galicia déronse cita na...

Máis de 30 equipos de basket de toda Galicia déronse cita na III edición do Torneo Basket sen Barreiras de Nigrán

mais-de-30-equipos-de-basket-de-toda-galicia-deronse-cita-na-iii-edicion-do-torneo-basket-sen-barreiras-de-nigran

O Club Baloncesto Nigrán e a a Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa Asociación Española contra o cancro (AECC), organizaron a terceira edición do Torneo Basket Sen Barreiras no pavillón do colexio de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para a investigación contra o cancro.

Máis de 30 equipos de BASKET de toda Galicia déronse cita durante dous días no Pavillón do colexio de Panxón en horario de mañá e tarde. As xornadas de mañá serviron especialmente para visualizar e promover a integración social de persoas con algún tipo de discapacidade . Para iso contaron co Club AMFIV, o centro Juan María, a asociación ALENTO de dano cerebral e COGAMI .

Para as xornadas de tarde habilitáronse 3 pistas onde xogaron os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías alevín, benjamín e baby. Estas dúas últimas o luns de tarde e a categoría alevin pechando o torneo o martes de tarde.

Á entrega de medallas asistiron a deputada provincial Digna Rivas, o alcalde de Nigrán Juan González, o concelleiro de deportes Luís Sanromán e Berni Costas, xogador do AMFIV.

mais-de-30-equipos-de-basket-de-toda-galicia-deronse-cita-na-iii-edicion-do-torneo-basket-sen-barreiras-de-nigran

Cada xogador/a participante realizou un donativo para a loita contra o cancro que foi depositado na urna cedida pola Asociación Española e que se atopou no pavillón durante os dous dias de torneo. Todas as familias de xogadores así como o resto de persoas asistentes ao torneo tamén colaboraron con este fin solidario achegando o seu donativo na devandita urna.

Durante os dous días de competición realizáronse sorteos de diferentes agasallos entre os asistentes consistentes en material deportivo cedido pola Federación Galega de baloncesto e outros cedidos por empresas da localidade que colaboran co CB Nigrán . Todo o recadado coa venda das rifas para estes sorteos así como o recadado na urna solidaria foi entregado unha vez finalizado o Torneo á Asociación Española contra o cancro para a loita e investigación contra esta enfermeda

Dado o éxito deste torneo desde a directiva do club xa están traballado en próximos eventos e proxectos deportivos .

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.