spot_img
InicioVal MiñorBaionaMáis de 250 persoas descubriron a historia de Baiona no arranque de...

Máis de 250 persoas descubriron a historia de Baiona no arranque de Eureka Reto Rural

mais-de-250-persoas-descubriron-a-historia-de-baiona-no-arranque-de-eureka-reto-ruralO equipo ‘Arwen’ foi o gañador do reto, galardoado cunha experiencia enogastronómica no concello de Soutomaior. Este sábado 18 nova cita en Nigrán. Inscricións xa abertas na web

Revista Cousas de nº21

Grandísimo éxito de acollida da primeira cita de ‘Eureka Reto Rural’, un programa de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño a través do que se realizarán 14 xogos de escapismo de balde ao aire libre nos concellos do territorio. Máis de 250 persoas participaron en Baiona nunha aventura temática coa que percorreron as rúas do posto e do centro histórico da vila para mergullarse na historia da arribada da Carabela A Pinta e desfrutar dunha mañá de emocións, diversión e moito entretemento.

O equipo ‘Arwen’ foi o gañador do primeiro dos escape room de ‘Eureka Reto Rural’, premiada cunha experiencia enogastronómica para seis persoas no concello de Soutomarior, con visita a un viñedo ancestral con bodega e museo, cata e comida comporta por catro pratos de produtos da ría e razas autóctonas e maridaxe de tres viños na Adega Quinta das Eiras. Por outra banda, o equipo ‘Pitufinas’ fíxose cun lote de produtos do territorio valorada en 150 euros sorteada polo Concello de Baiona.

As persoas que non puideron acudir ao encontro en Baiona poderán igualmente desfrutar do escape room de forma libre. A actividade estará aberta e dispoñible para todos os públicos durante un mes a través da web do Xeodestino.

‘Eureka Reto Rural’ levará a súa aventura polos 14 concellos do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, explorando a través de diferentes xogos de escapismo virtuais diferentes recunchos e historias dos municipios. A vindeira cita será este sábado 18 de maio en Nigrán cun percorrido polo imaxinario de Domingo Villar e a súa obra ‘A praia dos afogados’.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

As persoas que desexen participar en calquera dos escape rooms deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Nesta mesma páxina web atoparán toda a información sobre datas, puntos de encontro e horarios das diferentes probas.

 

- Publicidade -spot_img