Inicio Pontevedra Baixo Miño Máis de 200 electores de Cerveira e Tomiño participaron na votación do...

Máis de 200 electores de Cerveira e Tomiño participaron na votación do primeiro Orzamento Participativo Transfronterizo

tomino-e-cerveira-acometeran-tres-proxectos-comuns-cun-orzamento-transfronteirizo

Deporte, accesibilidade e lecer; intereses comúns nos que traballarán xuntos tomiñeses e cerveirenses

Tomiñeses e cerveirenses levarán a cabo de maneira conxunta proxectos relacionados co deporte, a accesibilidade e o lecer. Así o decidiron, no marco do primeiro Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), os máis de 200 votantes de ambos concellos, a través dun proceso de votación telemática, cuxo prazo rematou o día 31 de decembro de 2016.

Cerveirenses e tomiñenses, maiores de 18 anos e electores nos seus respectivos concellos, escolleron de entre seis, tres proxectos que se levarán a cabo de forma conxunta, un por cada categoría de intervención: Cultura, Educación e Acción social.

No eido da Educación, os votantes escolleron por maioría a celebración do “1º Campus Deportivo Cerveira-Tomiño”. A proposta que se levará a cabo, logo de que así o proclame o Comité de Xestión Estratéxica (formado polos alcaldes e técnicos), ten coma obxectivo “educar en valores de tolerancia, cooperación, interculturalidade e repecto entre nenos e nenas de ambas vilas; fomentar o coñecemento cultural e social mutuo, o deporte saudable e a competitividade sen violencia”. As actividades previstas (torneos entre colexios, fútbol, natación, piragüismo, senderismo, etc.), desenvolveranse entre os meses de xaneiro e xullo de 2017.

No eido da Acción Social, o proxecto máis votado foi o “Programa transfronteirizo para a información, apoio e visibilidade das problemáticas de accesibilidade”, co obxectivo de “Concienciar sobre as problemáticas de exclusión motivadas por discapacidades físicas e intelectuais, e aumentar a información e o coñecemento mutuo da problemática en ambos concellos”. Entre as accións programadas atópase a realización dun inventario de obras de eliminación de barreiras físicas, sensoriais e cognitivas; xornadas de sensibilización; proxecto roteiro transfronteirizo accesible e punto de información transfronteirizo.

Por último, na área de Cultura, a proposta máis votada foi “Festa da Amizade Tomiño-Cerveira”. O proxecto contempla distintas intervencións para a “dinamización artística, cultural e deportiva dos dous concellos e o fomento do intercambio artístico-cultural”. Actividades musicais, rutas de remo e canoa; tertulias, arte urbana e celebración do “Aniversario Amizade Cerveira-Tomiño”, son algunhas das accións englobadas neste proxecto.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) é unha novidosa experiencia de cooperación, enmarcada dentro da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño 2014-2020; un proxecto piloto de “Promoción da participación pública e de Cidadanía Transfronteiriza”,  Ademais o desenvolvemento da mesma ten formado parte de unha candidatura conxunta dos dous ocnellos á primeira convocatoria de proxectos de cooperación transfronteiriza finaciados polo PROGRAMA OPERATIVO DE COOPERACIÓN ESPAÑA E PORTUGAL(POCTEP) financiado fondos FEDERe que forma partequeque forma parte dunha candidatura conxunta dos dous concellos, á primeira convocatoria de proxectos de cooperación transfronteiriza financiados polo Programa Operativo de Cooperación España Portugal (POCTEP) fondos FEDER.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies