spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoMáis de 200 alumnos dos centros educativos do Porriño participan na conta...

Máis de 200 alumnos dos centros educativos do Porriño participan na conta atrás de “Porrigalia 2022”

Máis de 200 alumnos dos centros educativos do Porriño participan na conta atrás de "Porrigalia 2022"Nenos e nenas dos centros educativos do Porriño participaron onte en PrePorrigalia, a antesala dos Xogos Olímpicos do Porriño que se celebrarán os días 1,2 e 3 de xullio

Revista COUSAS DE Nº13

O Porriño quenta motores para unha nova edición de Porrigalia e o fai cos nenos e nenas como protagonistas.

A praza Arquitecto Antonio Palacios acolleu hoxe “PrePorrigalia”, un evento no que máis de 200 alumnos e alumnas de oito centros educativos do municipio disfrutaron do espectáculo “Abordaxe Gala”, da compañía Barafunda, con Asterix, Obelix e máis habitantes da aldea gala como persoaxes.

O encargado de dar o pistoletazo de saída a unha mañá troula gala foi o monologuista e actor, Pepo Suevos, que este ano convertirase no Rei Breogán coincidinco cos xogos olímpicos do Porriño, que lembramos, se celebrarán os días 1, 2 e 3 de xuño.

Xunto a el o alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Educación e Cultura, Carolina González e Bienvenido Estévez, que animaron aos nenos e nenas a irse preparando para vivir a tope Porrigalia 22.

Ademais, unha vez finalizado o acto e antes de volver aos coles, levaron cada un unha laranxa coa etiqueta de Porrigalia para ir ambientando o almorzo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.