spot_img
InicioVigo e áreaVigoMáis de 20 creadores daranse cita este sábado na Sede da Deputación...

Máis de 20 creadores daranse cita este sábado na Sede da Deputación en Vigo cunha ducia de produtoras audiovisuais de España e Portugal na xornada Conecta+

mais-de-20-creadores-daranse-cita-este-sabado-na-sede-da-deputacion-en-vigo-cunha-ducia-de-produtoras-audiovisuais-de-espana-e-portugal-na-xornada-conectaOs creadores que van participar na xornada foron seleccionados pola Asociación de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) e a Asociación Galega de Guionistas (AGAG) entre máis de 80 persoas que se inscribiron para participar en Conecta+

Revista Cousas De Nº20

Máis de 20 creadores daranse cita este sábado na Sede da Deputación en Vigo con produtoras audiovisuais do conxunto de España e do Norte de Portugal na xornada Conecta+. Todos eles foron elixidos por unha comisión de selección integrada por profesionais das directivas de CREA e AGAG que se encargou de avaliar as máis de 80 propostas que se inscribiron ata o 5 de xaneiro para participar no encontro deste sábado. A vicepresidenta primeira da institución provincial, Marta Fernández-Tapias, será a encargada de dar o tiro de saída a esta novena edición de Conecta +, ás 9:45 horas do sábado, xunto ao presidente de CREA, Fon Cortizo.

A vicepresidenta primeira da institución provincial, Marta Fernández-Tapias, será a encargada de abrir o encontro ás 9:45 horas

Os 22 creadores seleccionados que participarán no encontro son Samuel Lema, Jorge Navarro e Elena Martínez co proxecto “Viven al lado”; Sara Casasnovas con “Alevosía”; Pedro Díaz coa iniciativa “Serenade”; María Hervera con “Serviam”; André Guiomar coa produción “O que resta”; Helena Santín con “Vi la noche que nunca se acaba”; Alberto Díaz e Kyong Sik Suh Oh co audiovisual “Merlo Branco”; Sergio Daniel Alonso e Miguel Pertejo con “Aldeaseca”; Servando Vidal co proxecto “Llamadme Anthony Farrar”; Rebeca Novo con “A mis amigas”; Teresa Barberena coa iniciativa “Terrores cotidianos”; Ángela Andrada e Fernando Tato con “Resurrection”; Sara Hermo coa produción “Brétemas”; Pablo Fontenla, Ángel de la Cruz e José Antonio Pastor con “Ti, Jane”; Simón Casal con “A Contra armada”, Simone G. Saibene co audiovisual “Cine Paraíso, Leiro”; Álvaro Liste e Alejandra Aguirre con “Pausa na Presa”; Adrián Castiñeiras e Fernando Tato co proxecto “La ira”; Claudia Brenlla con “Illa, isla”; Gutier Rolán coa peza “El sótano del alcalde”; Héctor Carré con “A senda escura” e Antonio Nogueira co audiovisual “Crazy Diamonds”.

Entre as 10:00 e as 12:30 horas deste sábado todos eles terán a oportunidade de presentar as súas creacións a algunhas das produtoras máis activas do panorama español entre as que se atopan RTVE Cine, A Contracorriente, Sentido Films, Sétima, Frida Films, Ollo Vivo, Portocabo, La Región, Miramemira ou Gaita Films, das que recibirán orientacións para fortalecer os seus proxectos ou desenvolvelos así como asesoramento sobre a súa viabilidade económica. Ademais, e por vez primeira na historia de Conecta+, as persoas seleccionadas para participar na xornada tamén poderán presentar as súas ideas a empresas do norte de Portugal como FilmesDaMente, Pixbee ou O Olhar de Ulisses.

Tralas reunións e encontros entre creadores e produtoras audiovisuais de España e Portugal, xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, terá lugar o coloquio “Desmontando o dossier de venta” co que se porá fin a esta novena edición de Conecta+.

Conecta+ enmárcase na iniciativa Conecta Lab, un programa impulsado pola Deputación de Pontevedra xunto con CREA, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e a única entidade española especializada na xestión de dereitos de autor de obras audiovisuais, DAMA, para acompañar, impulsar e promover seis proxectos audiovisuais emerxentes de proxección. Conta con financiación da Unión Europea a través de NextGenerationEU, co patrocinio da Axencia Galega de Industrias Culturais, da SGAE e de AGAG.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.