spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Festival Sinsal, mellor iniciativa cultural musical de Galicia segundo o Observatorio...

O Festival Sinsal, mellor iniciativa cultural musical de Galicia segundo o Observatorio de la Cultura – Fundación Contemporánea

o-festival-sinsal-mellor-iniciativa-cultural-musical-de-galicia-segundo-o-observatorio-de-la-cultura-fundacion-contemporaneaO Festival Sinsal, que se celebra cada verán na illa de San Simón e que promove a produtora viguesa Sinsalaudio, mantense por segundo ano consecutivo como a 2º iniciativa cultural mellor valorada polos profesionais do sector en Galicia.

Revista Cousas De Nº20

Así, Sinsal acada de novo esta posición manténdose, á vez, como o festival de música de Galicia mellor valorado segundo o informe “Lo mejor de la cultura 2023” da Fundación Contemporánea.

A Fundación Contemporánea, a través do seu Observatorio de la Cultura, vén de publicar o informe “Lo mejor de la cultura 2023”

O festival Sinsal apareceu por vez primeira no informe no ano 2016. Desde entón, sempre permaneceu entre as nove primeiras posicións da lista de Galicia. Cómpre destacar, ademais, que por segundo ano consecutivo é tamén a iniciativa cultural máis destacada da provincia de Pontevedra.

A nivel nacional, na clasificación das iniciativas culturais mellor valoradas polo seu compromiso social e desenvolvemento sostible, o Sinsal sube do 15 ao 9º posto da lista, unha mención que referenda o compromiso que o Festival Sinsal mantén cos ODS e o impacto positivo, e que reforza en cada nova edición Precisamente, o pasado mes de outubro, o evento recolleu o Premio Fest 2023 (outorgados pola industria de festivais en España) pola Sostibilidade ambiental.

- Publicidade -spot_img