Inicio Pontevedra O Salnés Máis de 2.500 inscritos no BTTinto de Ribadumia

Máis de 2.500 inscritos no BTTinto de Ribadumia

2.500-inscritos-BTTinto-Ribadumia O Concello de Ribadumia recibe este domingo 7 de xuño a IV BTTinto, que xa se converteu en protagonista indiscutible da festa local do Tinto de Barrantes.

Ata o de agora, xa van máis de 2.500 inscricións, e os interesados aínda poden presentarse ata mañá mércores 3 de xuño ás 00:00 horas para participar nunha das rutas máis importantes do panorama autonómico.

A pesar de levar tan só catro anos celebrándose, a BTTinto xa se está a consolidar como unha das probas preferidas no panorama autonómico, e comeza xa a consolidarse no panorama nacional.

Os participantes poderán atopar na páxina web municipal –www.ribadumia.org- toda a información útil para esta ruta: as inscricións, o mapa para chegar ata Barrantes; o plano de situación, onde se indica a saída da ruta, o aparcadoiro, as duchas, a zona de lavado de bicicletas…

O Concello de Ribadumia conta para esta cita deportiva coa colaboración de moitos voluntarios que estarán dispersos ao longo de toda a ruta, velando pola organización e o bo funcionamento da proba. O Concello de Ribadumia conta, coma en edicións anteriores, coa colaboración dos clubs CDM Xesteiras, Armenteira e Punto e Club Ciclista Salnés.

Tamén ao longo da ruta, poranse a disposición dos participantes un avituallamento variado en líquido e sólido totalmente gratuíto situado ao longo das rutas ( un deles no Mosteiro de Armenteira, pero a organización poderá montar avituallamentos adicionais en caso de moita calor).

Ademais, as probas estarán supervisadas non só polo equipo de voluntarios e de Protección Civil, senón que tamén haberá 10 ala deltas vixiando dende as alturas para que o desenvolvemento da mesma sexa o adecuado.

Modalidades

Cada edición, a organización sorprende con algunha novidade, e este ano chega coa integración dunha carreira de montaña –trail de montaña-, que se atopa actualmente en auxe en todo o panorama nacional.

Como en edicións anteriores, celebrarase a proba principal de Mountain Bike, de 49 km de recorrido e coa alternativa dos 33 km de ruta para as persoas que queiran disfrutar dun contacto directo coa natureza e coa riqueza patrimonial de Ribadumia e de Meis nunha proba menos esixente. A ruta percorre lugares de gran atractivo, coma é o monte do Castrove con vistas panorámicas da ría, muíños, mosteiros e bosques de gran beleza.

Haberá tamén unha ruta de sendeirismo de 20 km de recorrido e unha proba combinada de 35 km a bicicleta e 20 km de carreira a pe.

Os participantes terán que recoller os seus dorsais na Praza do Concello o domingo entre as 8:00 e as 9:00 horas, ata que den comezado as probas a partir das 9:30 horas.

Finalmente, a entrega de premios estará presidida pola alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, o domingo ás 14:00 horas na Praza do Concello.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies