Inicio Galicia Máis de 1500 persoas aprenden galego no marco do Plan de Teleformación...

Máis de 1500 persoas aprenden galego no marco do Plan de Teleformación de Política Lingüística para 2020

Máis de 1500 persoas aprenden galego durante estas semanas a través do cursos en liña que ofrece a Xunta de Galicia no marco do Plan de Teleformación en Lingua Galega para o ano 2020 para residentes tanto na Comunidade como noutras zonas.

Un total de 1080 alumnos seguen, ata o 8 de maio e baixo a titorización de profesorado específico, un total de 34 cursos preparatorios das probas de acreditación do Certificado en Lingua Galega (Celga) en catro dos seus niveis. Así, desenvólvense desde o 16 de marzo tres cursos do Celga 1, oito cursos do Celga 2, oito cursos do Celga 3 e 15 cursos do Celga 4, todos eles, incluso os previstos inicialmente como formación presencial, na modalidade de teleformación debido ás circunstancias motivadas pola crise do Covid-19.

Un total de 300 traballadores ao servizo da Administración seguiron ata onte 12 cursos de formación en linguaxes específicas do galego, linguaxes administrativa e xurídica nos seus niveis medio e superior, dos 34 que a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten previsto desenvolver ao longo deste ano en colaboración con outros organismos, como a Escola Galega de Administración Pública, ou con outras administracións públicas. Os 22 restantes ofrecerán outras 550 prazas destinadas ao persoal das diferentes administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma Galega, así como da administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas, co obxectivo de mellorar a capacitación en lingua galega dos devanditos traballadores.

Esta oferta formativa compleméntase coa das escolas oficiais de idiomas das sete cidades galegas, dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que desenvolven ata maio cinco cursos de linguaxe administrativa galega media e superior, con 125 persoas matriculadas, logo dos seis que desenvolveron durante o primeiro cuadrimestre deste curso 2019-2020. Nos devanditos centros de formación tamén se desenvolven arestora 17 cursos preparatorios das probas de acreditación do Celga, dos 34 que ofrecen dentro da súa programación formativa do ano escolar en curso, no que 225 alumnos preparan o Celga 2, 225 o Celga 3 e 400 o Celga 4.

Interrompidos os prazos de inscrición nas probas Celga 2020

No caso do Celga, cómpre recordar que os prazos de inscrición na convocatoria oficial de probas de acreditación para o ano 2020 –previstas para os meses de maio e xuño- publicada no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega, se atopan interrompidos e que os devanditos prazos se reiniciarán unha vez superado o estado de alarma.

A Consellería de Cultura e Turismo comunicará polas súas canles habituais os novos prazos de inscrición e as datas de realización dos exames no momento no que poidan retormarse con plena seguridade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies