spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorMáis de 130 persoas celebraron o aniversario de María Vinyals no Castelo...

Máis de 130 persoas celebraron o aniversario de María Vinyals no Castelo de Soutomaior cun desafío de Eureka Reto Rural

mais-de-130-persoas-celebraron-o-aniversario-de-maria-vinyals-no-castelo-de-soutomaior-cun-desafio-de-eureka-reto-ruralO equipo “Os Caspers”, o máis rápido en rematar o xogo, gañou unha experiencia en Terras Gauda, na que se inclúe unha visita ao viñedo e á bodega, unha cata de viños e picoteo

Revista Cousas De Nº22

O Castelo de Soutomaior foi o encargado de acoller ás cerca de 130 persoas que aceptaron un novo desafío de “Eureka Reto Rural”. Unha actividade divertida e orixinal para tódolos públicos coa que EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúan a desvelar os segredos do territorio e que neste caso permitiu conmemorar a figura da escritora e feminista María Vinyals, coincidindo coa data do seu nacemento no propio castelo no 1875.

O equipo ‘Os Caspers’ foi o que rematou o xogo con maior rapidez, polo que poderá desfrutar dunha unha experiencia en Terras Gauda, na que se inclúe unha visita ao viñedo e á bodega, unha cata de viños e picoteo. Pola súa parte, os ganadores do sorteo foron “Tartaruguiñas”, “Xa” e “Teixeira”, que se levaron cada un unha cesta de produtos locais, entre os que se incluía unha botella de Albariño de Soutomaior.

mais-de-130-persoas-celebraron-o-aniversario-de-maria-vinyals-no-castelo-de-soutomaior-cun-desafio-de-eureka-reto-rural
Na fotografía a concelleira de Cultura e Turismo, Silvia Cernadas (a dereita) xunto cun dos equipos participantes

Aquelas persoas que non tiveron a oportunidade de achegarse o pasado mércores á cita en Soutomaior poderán desfrutar do escape room de forma libre.  A actividade continuará aberta e dispoñible para todos os públicos durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

‘Eureka Reto Rural’ encárgase de levar a súa aventura polos 14 concellos do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, explorando a través de xogos de escapismo virtuais os diferentes recunchos e historias dos municipios. O último destes retos,  e polo tanto a última oportunidade para participar, terá lugar en Redondela o 20 de setembro, baixo a temática de “A historia da nosa vila”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Aquelas persoas que teñan interese en participar neste último escape room deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Nesta mesma páxina web atoparán toda a información sobre o punto de encontro e o horario da proba.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.