spot_img
InicioBaixo MiñoA visita “Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de...

A visita “Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II” pecha o ciclo “Coñece o noso patrimonio

a-visita-evolucion-urbana-de-tui-do-burgo-altomedieval-a-cidade-de-fernando-ii-pecha-o-ciclo-conece-o-noso-patrimonioSerá este martes, 20 de agosto, a cargo de Suso Vila, doutor en Historia da Arte

Revista Cousas De Nº22

“Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II” é o título da visita a cargo de Suso Vila, doutor en Historia da Arte pola USC, que pechará o próximo martes, 20 de agosto o ciclo “Coñece o noso patrimonio” que este verán permitiu o achegamento ao patrimonio tudense.

Nesta visita, que se iniciará ás 20 h diante da Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, as persoas asistentes realizarán un percorrido por diversos lugares do conxunto histórico de Tui para rescatar do descoñecemento un período histórico, os séculos XI e XII, no que se conforma configuración da cidade e que mantén unha pegada no noso patrimonio.

Suso Vila é un recoñecido historiador tudense cunha alongada traxectoria na investigación sobre a nosa cidade. Ten publicados numerosos libros e artigos sobre a historia tudense e especialmente no que atinxe á presenza xudía na cidade fronteiriza.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Este ciclo está organizado polo Instituto de Estudios Tudense coa colaboración da concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui. A responsable desta área, Ana María Núñez Álvarez, salienta o importante éxito destas visitas guiadas que  teñen superado as previsións mais optimistas, testemuñando o interese de tudenses e visitantes polo coñecemento do legado patrimonial da nosa cidade.

- Publicidade -spot_img