Inicio Pontevedra Máis de 1.800 nenos e nenas da provincia de Pontevedra participarán nas...

Máis de 1.800 nenos e nenas da provincia de Pontevedra participarán nas ‘DEPOrte Escolas’ de fútbol da Deputación

 

mais-de-1-800-nenos-e-nenas-da-provincia-de-pontevedra-participaran-nas-deporte-escolas-de-futbol-da-deputacion

O novo modelo de funcionamento do programa, no que se impulsaron accións de comunicación para o fomento da participación e visualización, tradúcese en 100 nenas e nenos máis nas escolas de fútbol e tres novos concellos que as solicitaron

 A deputada de deportes, Chelo Besada, deu por inauguradas, no campo de fútbol de Chaín en Gondomar, as “DEPOrte Escolas” de fútbol da Deputación nas que van a participar máis de 1.800 nenas e nenos de 28 concellos da provincia con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos.

Este ano, como novidade principal e ademais do cambio de imaxe e denominación das escolas deportivas para convertelas nas “DEPOrte escolas”, mudou o funcionamento das mesmas co obxectivo de dotalas de transparencia e maior participación, respectando a autonomía municipal, sen competir coas escolas deportivas xa postas en marcha nos concellos da provincia. O renovado programa busca a implantación igualitaria e equilibrada no territorio, a promoción do deporte base, un maior incremento da oferta de iniciación á práctica deportiva, a garantía de que cheguen ós concellos disciplinas deportivas non existentes, que as nenas e nenos poidan acceder ó deporte e, finalmente, a consolidación de todas as escolas que se vaian creando nos distintos concellos.

Este esforzo por converter ás escolas nun programa máis transparente e participativo, impulsando actuacións de comunicación coa finalidade de achegar a información sobre as escolas ás familias, ANPAS e concellos,xa está a dar os seus froitos. De feito, nas “DEPOrte escolas” de fútbol participan este ano 100 nenas e nenos máis que o ano pasado, acadando os 1800 participantes fronte ós 1700. Tamén cómpre destacar que houbo solicitudes de tres concellos máis para poñer en marcha novas escolas de fútbol, sumando un total de 44 “DEPOrte escolas” de fútbol para o curso 2016/2017 nos concellos de Ponteareas, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Nigrán, Valga, Oia, O Rosal, Tui, O Porriño, Mos, As Neves, Vilanova de Arousa, Tomiño, Pontevedra, Campo Lameiro, Vigo, Fornelos de Montes, Cangas do Morrazo, Moraña, Agolada, Rodeiro, Arbo, Crecente, Cambados, A Lama, Vilagarcía de Arousa e Redondela.

As “DEPOrte escolas” da Deputación de Pontevedra ofertan as modalidades deportivas de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto. A súa implantación terá lugar de forma progresiva, a medida que a institución provincial teña a todas as nenas e nenos inscritos nas diferentes modalidades. De feito, ademais de fútbol comezaron xa as de patinaxe, judo e rugby.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies